5/04/2026

DÍA DO LIBRO

 O DÍA DO LIBRO CONMEMORÁMOLO O 23 DE ABRIL, POR QUE?

  • O Dragón e a Cidade: Un enorme dragón aterrorizaba  a cidade de Silca en Libia, abrigando os seus habitantes a ofrecerlle alimentos e logo persoas elexidas ao chou para calmalo.  
  • O Sacrificio da Princesa: O sorteo elixiu á filla do rei. Mentras tanto ela agardaba o seu destino, apareceu o cabaleiro Jorge montado no seu cabalo branco.
  • A Batalla e a Rosa: San Jorge  enfrentouse á bestia e matouna coa súa lanza. Do sangue do dragón brotou un rosal con rosas vermellas, e Jorge regalou unha á  princesa.
  • Conversión: Tralo rescate, os habitantes convertéronse ao cristianismo.
  • Simbolismo: Considérase unha alegoría da loita entre o ben (San Jorge/a Igrexa) e o mal (o dragón/o paganismo).
Significado Cultural: A festividade de San Jorge celébrase o 23 de abril, sendo especialmente relevante en lugares como Aragón e Cataluña (onde é tradición agasallar un libro e unha rosa), coincidindo co Día do Libro. A historia deste "santo guerreiro"  inspirou innumerables obras de arte e literatura.


No cole celebrámolo de varias maneiras:
 
  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, na área de Plástica compuxeron un mural con "O meu libro favorito".


  • O xoves 30 de abril fixemos "Os apadriñamentos lectores": o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria "apadriñou" un ou dous nenos do resto dos cursos, é dicir léronlles contos, falaron, xogaron xuntos... na cuarta sesión do día.
 
FOI UNHA SESIÓN DA QUE GOZAMOS MOITO!!!































































  • Os apadriñados ou amadriñados deseñaron marcadores de puntos de lectura para os agasallos aos seus lectores.










Ningún comentario:

Publicar un comentario