6/06/2024

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Mércoles, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase en restaurar as terras, deter a desertificación e fortalecer a resiliencia á sequía baixo o lema «Nuestras tierras. Nuestro futuro. Somos la #GeneraciónRestauración». Non podemos retroceder no tempo, pero sí podemos facer crecer os bosques, revitalizar as fontes de auga e restaurar os solos. Somos a xeración que pode facer a paz coas terras.

Este curso, tocoulle ao equipo de Infantil o turno de compoñer o MURAL para a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Tanto alumnado como mestres participaron na súa elaboración coa colaboración de todas as nenas e nenos do centro aportando a silueta das súas mans, xa que o lema é "COIDAR O PLANETA ESTÁ NAS NOSAS MANS".

Fixéronse máis actividades nas aulas relacionadas con esta temática.

Necesitamos a responsabilidade de cada un para coidar O MUNDO.

Quedoulles xenial.

 


















6/05/2024

FOMENTO DA LECTURA

 Continuamos co fomento da lectura na "hora de ler". Desta vez foi Martín de 6º de Primaria e "axudante de biblioteca" o encargado de contarlles dous contos ao alumnado de Infantil.

Gustáronlles moito.










6/03/2024

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE

 O xoves, 30 de maio, o escritor, ilustrador e pintor galego, Pablo Otero "Peixe", visitou o noso centro onde impartiu un Obradoiro de Creatividade para todo o alumnado, tanto de Educación infantil como de primaria.
Para o alumnado de 1⁰, 2⁰, 3º e 4º de Primaria a actividade consistiu en crear un personaxe fantástico do mundo animal con distintos materiais de refugallo - caixas, envases, tapóns, botóns, lazos, las, teas, xoguetes vellos, roupa, ...- aportados polos propios nenos e nenas e mailo profesorado.
Os nenos seleccionaron os materiais, debuxaron, pintaron, recortaron, pegaron, ...e elaboraron de maneira individual un ser fantástico do mundo animal ao que lle puxeron un nome.
A continuación cubriron unha " Ficha de Zooloxía mundial" cos seguintes datos:
Cómo se chama?
A qué familia pertence?
De onde vén?
Cal é o seu hábitat?
Qué come?

Breve descrición do seu comportamento (manías, historia, lendas, cousas que lle gustan,...)
Esta actividade lúdica e creativa pode servir para que os nenos e nenas constrúan os seus propios xoguetes e inventen e creen novos contos e historias con personaxes fantásticos.

 








 






 

Tamén con materiais de refugallo, o alumnado de Infantil, coa axuda dos mestres, intentaron facer adornos para colgar nun trebello feito con paus e la.











 
5° e 6° de Primaria neste obradoiro de creativas  fixo un xogo colaborativo onde había diferentes probas de cultura xeral, baile, teatro...
 




A actividade matívonos entretidos toda a mañá.