10/26/2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O día 25 de outubro conmemoramos no cole O Día das Bibliotecas.

Despois do recreo, todo o alumnado, en dúas quendas, reuniuse na biblioteca.

Nela Claudia e Breo, dous "axudantes", leron a presentación feita polo Equipo, presentaron a biblioteca, invitáronnos a facer uso dela con frecuencia e vimos tres "curtas" relacionadas co Medio Ambiente e co PDI anual.

A continuación vai unha mostra do traballo realizado:

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES de Bibliochicharrón Foz

 

24 de 0utubro: día das bibliotecas de Bibliochicharrón Foz

 

Agardamos que vos gustara.

10/09/2023

COIDA O TEU ENTORNO

 O venres día 6 de outubro o alumnado de Primaria e as súas mestras e mestres participaron na Limpeza Simultánea de Praias, segundo a convocatoria feita por ADEGA. Nós estivemos na Rapadoira. Un técnico de Medio Ambiente deunos unha charla de como separar o lixo correctamente, facilitáronnos bolsas e guantes e recolleron o lixo ao rematarmos.

Este curso imos traballar o Proxecto "Coida o teu entorno" e esta actividade serviu para inicialo e concienciar ao alumnado da necesidade de coñecer, coidar e manter limpo o entorno.

Foi un período de tempo moi agradable.

 




















10/03/2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Un curso máis as Mochilas viaxeras parten cara as casas do noso alumnado.

Alí estarán unha semana: de venres a xoves para entreter e gozar en familia.

 

 


 


 

Agardamos que vos gusten

9/14/2023

INICIO DO CURSO 2023/2024

 BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

Comezamos ensinándovos os murais ilustrativos de comezo de curso realizados nos primeiros días  polo alumnado, mestres e mestras do cole.

Que gocedes moito neste curso escolar.


INICIO CURSO 2023/2024 de Bibliochicharrón Foz

6/23/2023

FESTIVAL FIN DE CURSO

O curso está dando os seus últimos coletazos e xa non queda nada para as vacacións de verán.

E que mellor despedir o curso con teatro, desfrutando coas actuacións dos rapaces e rapazas que levan semanas ensaiando para que todo saia perfecto.

Os nenos e nenas de 4º de Infantil cantáronnos a canción "A abuela Manuela".

O alumnado de 6º de Infantil interpretaron a obriña "A ledicia dos animais".

1º e 2º de Primaria escenificaron "O frautista de Hamelím".

5º de Primaria puxo o punto final con "Pirata".

Gustounos todo moitísimo. 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO de Bibliochicharrón Foz

GRADUACIÓNS

Un curso máis tivemos graduacións en 6º de Infantil, o 20 de xuño, e de Primaria, o 14 tamén de xuño.

En ámbalas dúas foi o alumnado máis novo o encargado de entregar os diplomas.

Foron dous actos moi entrañables no que nos acompañaron os pais dos alumnos graduados.

Que vos vai moi ben na nova etapa e que voedes moi alto!!!!!!!.

 





6/16/2023

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

 Como cada mes de xuño elaboramos unha guía con recomendacións lectoras para o verán e poder complementar eses días de xogos e praia.

Esperamos que vos gusten algúns deses libros.

 

BO VERÁN!!!!!


GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023 de Bibliochicharrón Foz