O curso 2022/23 comeza, sen protocolo!!!!!! Podemos ir de visita a outras aulas, non temos que ter as ventás abertas, saímos ao recreo todos mesturados, sen máscaras... Dá gusto vernos!!!!!
Aquí temos unha mostra de benvida e... a gozar do cole!!!!
Rematado o curso puidemos disfrutar dunha exposición que recollía os diferentes traballos realizados no centro para o Proxecto Documental Integrado: "A música".
Un traballo enriquecedor, onde os rapaces guiados polos seus mestres, investigaron, deseñaron, crearon e elaboraron uns traballos estupendos. Así coñecimos as características principais da música dos diferentes continentes, cantigas populares de Galicia, a música a través dos contos, un divertidísimo xogo no que o alumnado debía distinguir as características musicais de diferentes estilos rock, pop... amenizando o ambiente!!! Ademais dun Scape Room na biblioteca; e como no... a Operiña! Un espectáculo único, onde o alumnado participou dentro dunha ópera, xunto con cantantes, actrices e músicos profesionais!
Noraboa a todos polo fantástico traballo... e agora disfrutade do verán!
Coma cada mes de xuño, elaboramos unhas recomendacións lectoras para o verán. Agardamos que merquedes e leades algunhas delas e poder comentalos o vindeiro curso.
Onte, día 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto coas súas titoras e a mestra de Educación Física fixeron a ruta das praias, desde o cole ata Peizás para conmemorar "O día do Medio Ambiente" (5 de xuño) e "O día Mundial dos océanos" (8de xuño) para concienciar aos nenos da urxencia de manter limpo o planeta.