2/11/2019

OBRADOIRO: O NOSO PAN DE CADA DÍA

Podedes ver esta actividade tan interesante na web do centro, facendo clic no seguinte enlace:

Web de CEIP de Foz número 1: Obradoiro "O noso pan de cada día".

2/05/2019

CIENCIA NO NÚMERO 1




O CICLO DA AUGA



Durante o primeiro trimestre, na aula de 5º de Primaria, traballaron as diferentes capas da Terra. Aprenderon que unha delas, a Hidrósfera, forma o conxunto de augas que se atopan no noso planeta.

Ademáis aprenderon que as podemos atopar nos tres estados: liquido ( mares, océanos, ríos, lagos, fontes), sólido ( nos polos) e gasoso (na atmósfera).
Para demostrar experimentalmente o ciclo da auga, prepararon un experimento moi caseiro, o cal ten que ser realizado nun día con bastante sol.
Materiais: Unha cunca grade de cristal, unha cunca pequena de cristal, unha bolsa plástica transparente ou papel film, auga, unha mazá pequena (para exercer o peso).

Procedemento:
  1. Primeiro metemos a cunca pequena dentro da grande.
  2. Despois agrégaselle a auga ao tazón grande, ata completar case a altura do tazón pequeno.
  3. Tápase co papel film todo o tazón, sen que quede ningunha abertura..
  4. Por último colocamos a mazá no centro da envoltura de bolsa, para darlle forma cóncava, de tal maneira que cando empece a evaporación e empecen a condensase  as  gotas de agua  caian ao recipente pequeno. 
  5. Por último,  colócase o  recipiente nun lugar onde lle de bastante o sol e observaremos como a  auga  comeza a evaporarse, transformándose posteriormente en pequenas gotas de  auga líquida.
Explicación
O  ciclo da auga comeza coa evaporación da auga que se atopa no recipiente  de cristal máis grande e esto representa a auga do mar. A cobertura de plástico representa a atmosfera.
No noso experimento podemos observar como a auga ao quentarse co sol, empeza a evaporarse .Os vapores de auga, ascenden hacia a bolsa plástica e pola forma que lle  demos co peso da mazá, o vapor transformado en agua líquida, vai caendo hacia a cunca pequena que actúa como un recolector de auga de “choiva”.   
Este experimento do ciclo da auga, permítelles aos nenos e nenas,  en primeiro lugar comprender como a agua circula na natureza e en segundo lugar, para que sepan  valorar a auga como un recurso, que si ben é renovable, debemos de conservalo; porque sabemos que a auga doce, que é a que bebemos e é utilizada por casi todos os seres vivos no mundo, existe en moi pequena cantidade.
Para completar o tema do Ciclo da auga fixemos entre todos unha maqueta.



















CIENCIA NO NÚMERO 1


PEQUENOS GRANDES CIENTÍFICOS


Ao longo do pasado mes de decembro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou uns pequenos experimentos na aula. A actividade resultou moi motivadora, interesante e divertida.

Eiquí tedes una mostra dese traballo:

- TAPA DE PAPEL E A AUGA NON CAE!!!

Botamos auga nun vaso, tapámolo cun papel resistente, suxeitamos o vaso cunha man e o papel coa palma da outra e dámoslle a volta con coidado ata poñer o vaso boca abaixo. lentamente quitamos a man que suxeita o papel e... sorpresa!!! A auga non se derrama!!

- AUGA QUE SUBE E MISTURA CORES.

Colocamos sete vasos en ringleira facendo una serie:

Con auga e colorante vermello - baleiro,
con auga e colorante amarelo - baleiro,
con auga e colorante azul, baleiro,
con auga e colorante vermello, baleiro.
Unimos os vasos con papel de cociña en tiras e …. mirade cantas cores!!

- FLORES MÁXICAS.

Metemos caraveis e margaridas brancas en auga con distintos colorantes alimentarios e ao pouco tempo... as frores mudan de cor!!!

Verdade que a ciencia mola?













1/30/2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Estamos todos moi orgullosos do traballo realizado para conmemorar este día. Nada mellor e máis satisfactorio que un traballo en equipo, onde alumnos e mestres puxemos o noso gran de area para crear este Lipdub. 
Todos nos esforzamos para que saíra ben, e saíu…. de seguro que habería cousas que poderiamos mellorar pero nada como ver a emoción e a implicación dos nosos rapaces, o ben que o pasaron e o que aprenderon dun proxecto en común.

Esperamos que vos guste tanto coma a nós!


LIPDUB
 DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
fai clic no enlace




AQUÍ VAN ALGUNHAS FOTOS!

Os axudantes de biblioteca preparando a presentación: 







Presentación do acto:





Murais feitos nas distintas titorías:









 Foto final da grabación:



1/14/2019

NOVIDADES XANEIRO

Xa temos na biblio todos os libros das recomendacións de lectura para o nadal. Se non tivestes ocasión non perdades a oportunidade de disfrutar delas!!





FESTIVAL DE NADAL

O pasado 20 de decembro, para celebrar o fin do primeiro trimestre, os rapaces de 2º, 3º e 4º de Primaria prepararon unhas representacións das que disfrutamos moito todos.

Os nenos e nenas de segundo de primaria representaron a obra titulada "O lobo e os tres porquiños", aínda que nada tivo que ver co conto tradicional.... tratábase dun lobo un tanto especial!!!

O alumnado de 3º preparou unha obra moi divertida, "O casting", onde Papa Noel tiña un gran problema... estaba enfermo!!!

Finalmente, 4º curso, preparou unhas coreografías navideñas das que disfrutamos un montón!.