1/12/2018

EXPOSICIÓN STEM

Neste curso, tivemos a sorte de que nos concederan o programa STEM (Science, Technology, engineering and mathematics) promovido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Os rapaces de quinto e sexto de primaria permaneceron unha semana completa por curso nun campamento na localidade de Mondariz, onde realizaron talleres relacionados coa temática.

A finais do primeiro trimestre, realizaron unha exposición no centro para contar a todo o alumnado as distintas experiencias que fixeron durante a estancia: impresión 3D, robótica, biotecnoloxía, scrach, excursións, convivencia...

































CIENCIA NA BIBLIOTECA

APRENDER XOGANDO É POSIBLE!!!

Baixo este lema, adicamos os recreos dos martes a "xogos de mesa" na biblioteca.
Durante os meses de novembro e decembro xogamos ao parchís, onde alumnado "axudante de biblioteca" fixeron de monitores a aqueles nenos e nenas de todo Primaria que participaron na actividade.
 





1/10/2018

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA E O DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HIMANOS

Os alumnos de 6º de primaria conmemoraron o Día dos Dereitos Humáns que se celebra o 10 de decembro e o día da discapacidade que se celebra o 3 de decembro.

Lemos un conto dunha alumna camada Lidia Otero, uns dereitos e uns eslogans, despois fixemos unhas coreografías relacionadas co tema.

Como puidestes ver, un dos xenios da música, Steve Wonder, era invidente.

As barreiras están moitas veces dentro de nós!

Tamén disfrutamos duns cortos relacionados co tema da discapacidade.