10/11/2011

BENVIDOS AO CURSO 2011 - 2012

HOLA AMIGUIÑOS!!! BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!

Estiven moi ocupado preparando as actividades para este curso (que seguro vos encantarán) e por iso aínda non  puiden escribrir nada.

Como xa sabedes (por que xa vos vin este ano pola biblio) ímos empezar o curso aprendendo moitas cousas sobre os contos clásicos.

Coñecedes algún?, non?, si? Pois... a buscar información!!!! que hai moito que aprender!

DEICA LOGO!

6/21/2011

DESPEDIDA DO CURSO

longo camiño percorremos neste curso, un ano de moito traballo e de moita ilusión no que intentamos mellorar a calidade da nosa biblioteca, onde os rapaces disfrutaron coas actividades, contacontos... nun espazo no que todos traballamos con moita ilusión.
Queremos agradecer o esforzo e apoio mostrado polos mestres, a gratitude e interese dos nosos alumnos e o apoio das familias que tanto colaborarón con nós, fomentando o gusto e goce pola lectura dos seus fillos e dos nosos alumnos (mochilas viaxeiras, bolsiñas de infantil...), e un especial agradecemento aos pais que puideron acudir no día do libro infantil e compartiron este espacio con nós facendo duns contacontos verdadeiramente moi especiais!

A todos vós: pais, nais, avós, alumnos e compañeiros,

MOITAS GRAZAS E BO VERÁN!!!!




5/03/2011

REMATE DO CÓMIC

Para rematar o trimestre do cómic fixemos unhas xornadas de cine, nas que o alumnado máis novo do cole viron cortos de debuxos animados de "Mortadelo e Filemón", e os máis maiores a película "Asterix misión Cleopatra". Foi todo un éxito!!!!

TALLER DO CÓMIC

Todos os alumnos de primaria viñeron á biblioteca para facer un taller de elaboración dun cómic. Démoslles un dosier para comprender as normas de elaboración  e logo fixeron unha actividade na que se convertiron en pequenos escritores de cómic elaborando unha pequena historia.







3/23/2011

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA OS NENOS DE INFANTIL

Desta volta os nenos e nenas de infantil viñeron á biblioteca a mirar libros e a escoitar o conto de "Antón el ratón". Pasáronno xenial!!!!


VISITA INESPERADA POLO ENTROIDO

MENUDA SORPRESA LEVAMOS!!!!!!!!!!!! ASÍ APARECERON POLA BIBLIOTECA OS NENOS E NENAS DA AULA DE INFANTIL DE 3 ANOS!!!!!!!




VOLVEDE CANDO QUEIRADES RAPACES!!!!!

VISITA DO CONTACONTOS

Neste segundo trimestre veunos visitar un contacontos cargadiño de moitas historias!!!, ata viña acompañado dunha mascota con moitos problemas... recordádelo????