11/22/2024

VISITA Á GANDERÍA DE ANA PÉREZ BOO

 O xoves 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria, xunto coas súas mestras e mestre, visitou a gandería de Ana Pérez Boo en Terra Chá, por xentileza da ANPA.

 


Alí explicáronlles moitas cousas das ovellas: tipo de raza, que lles producían, o seu coidado sanitario, a súa alimentación (os nenos déronlles pan), que raza de cans as protexían... e moitas máis cousas.

 




 



 

Déronlles a merenda .







Xogaron fóra e viron as ovellas no exterior.







 

Unha tecedora explicoulles o proceso da la ata poder tecela, incluso como tinguila con tintes naturais.







E para rematar, déronlles cadanseu agasallo.

 




 

 

Gustounos moito e pasamos unha xornada moi agradable.

Grazas á gandería ovina e á ANPA.

Para ampliar información podedes ler a seguinte noticia de O Progreso:

Granxa ovina en Terra Chá

11/14/2024

MAGOSTO

 O mércores día 13 celebramos O MAGOSTO no cole: deseñaron e elaboraron cestiñas, degustamos castañas asadas e xogamos todos no patio.

Pasámolo en grande e as castañas estaban boísimas.

 




















11/11/2024

EDUCACIÓN INFANTIL NA HORTA

 A semana pasada, aproveitando o bo tempo de outono, o alumnado de Infantil xunto cos seus profes fixeron unha pequena saída a un horto a carón do cole.

Alí puideron ver maceiras, limoeiros, a planta dos kiwis (que para eles era unha cova fantástica) e a dos alquequenjes.

Recolleron froitos para levar ao cole e poder degustalos.

Xogaron e gozaron do aire libre e da natureza.

FOI UN DÍA ESPECIAL.