11/10/2024

PODCAST - DA MAN DA CIENCIA POLO MEDIO AMBIENTE

 Como xa saberedes, este curso traballaremos como tema do noso Proxecto de Centro, as ventaxas da ciencia para mellorar a natureza, baixo o título: 

"Da man da Ciencia polo Medio Ambiente"

Para iniciar o proxecto, o alumnado de sexto investigou sobre algúns inventos da ciencia que axudan e protexen o medio ambiente. Seleccionaron os que mais lle chamaron a atención para contarnos brevemente como funcionan.


11/04/2024

OUTONO E SAMAÍN

Para conmemorar o OUTONO e o SAMAÍN decoramos o Cole con motivos variados relacionados con esta temática.

Para favorecer a interculturalidade creamos un altar de O Dia do Mortos, representativo de Mexico xa que a nosa auxiliar de conversa é nativa deste pais.

Nel podemos ver os elementos principais que o compoñen: caveiriñas, alebrixes, cempasuchiles, candeas, papel picado, pan de morto e a fotografia de dous pintores (Frida Kahlo e Dali) fusionando a arte mexicana e a española. Ámbolos dous pintores traballámolos en Arts and Crafts.

To demonstrate the cultural exchange, we created an altar of Day of the Death, representative of Mexico. We decided to create this altar as our language assistant is from Mexico.

At the altar, we can see the main elements included which are sugar skulls, alebrijes, cempasúchiles, candles, papel picado, pan de muerto, and photographs of two painters (Frida Kahlo and Dalí). In this way, we merged Mexican and Spanish art. Both painters were studied in our Arts and Crafts course. 

 

Quedou así de bonito:

 

OUTONO E SAMAÍN de Bibliochicharrón Foz

10/28/2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de outubro, no cole, despois do recreo, celebramos O Día das Bibliotecas Escolares con varias actividades.

Elaboramos murais para os dous edificios e os Axudantes de biblioteca, repartidos en catro grupos, organizaron actividades por Ciclos:

  • A Educación Infantil contáronlles uns contos, reunidos no recibidor do seu edificio.
  • A 1º Ciclo reunírono na biblioteca para contarlles contos e facerlles unha "Búsqueda do tesouro".
  • A 2º Ciclo fixéronlles unha "Búsqueda do tesouro" e contáronlles un conto.
  • O alumnado de 5º deseñou e elaborou chapas conmemorativas para cada neno e nena do cole. 
  • Seis alumnos e alumnas de 5º prepararon un "Teatro lido" e escenificárono para os seus compañeiros e para o alumnado de 6º. 
  • A continuación de cada actividade pasaron pola biblioteca para mostrárllela de novo e invitalos a usala nos recreos ou en calquera outra sesión do horario lectivo. Os rapaces de 5º ían agasallándoos con cadansúa chapa que eles deseñaron.
  • Entregáronse as "mochilas" e "bolsiñas viaxeiras" a cada curso.

 Foi un gran día.

 



 
















9/19/2024

TALLER DE ROBÓTICA

Os días 17 e 18 de setembro, o alumnado de 6º de Infantil e todo Primaria asistiron a talleres de robótica manipulativa na biblioteca, impartidos por Minerva. 

Estos talleres ofertounos a empresa encargada da actividade extraescolar de ROBÓTICA que propón a ANPA.

 Quedaron encantados.

 



 




















9/16/2024

INSCRIPCIÓN PARA O VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA ESCOLAR

 Se eres de sexto de educación primaria e queres ser colaborador da biblioteca escolar, inscríbete no seguinte formulario:


9/10/2024

CURSO 2024/2025

 O Equipo de Biblioteca davos a BENVIDA ao curso escolar 2024/25 e agarda que o pasedes xenial aprendendo e compartindo moitas cousas.

"O que le moito e anda moito ve moito e sabe moito".

                                                   Miguel de Cervantes


CURSO 2024/2025 de Bibliochicharrón Foz

9/02/2024

DERRADEIRAS NOVAS DO CURSO 2023/24

 O pasado 14 de xuño no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela tivo lugar a entrega de premios do XX Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil convocado por La Voz de Galicia. Nel resultaron gañadores na categoría Infantil A dous alumnos de 2º de Primaria do noso Centro: Martín Vázquez Couto (1º premio) e Dídac García Díaz (2º premio).












Falláronse tamén no mes de xuño os premios da fase local do Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2024 convocado pola Biblioteca Provincial de Lugo. O tema proposto era "Ler para pensar, pensar para ser libres". Na categoría A obtiveron premio varios alumnos de 2º de Primaria.
En Debuxo o 1º foi para Aldara Sánchez Rodríguez e en Narración o 1º para Roma Valhermoso Ramírez, o 2º para Dídac García Díaz e o 3º para Aldara Sánchez Rodríguez.
Marta, a bibliotecaria municipal, e Inés, concelleira de Cultura do Concello de Foz, entregáronlles os premios neste cole e toda a clase posou para unha foto do acto.
 

PARABÉNS PARA OS PREMIADOS!!!!!!!!