2/15/2024

CARNAVAL 2024

 ISTO É FOZ E AQUÍ HAI CARNAVAL!!!!!!!!

Durante a semana do 5 de febreiro fixemos nas aulas antifaces, gorros, carautas e todo tipo de adornos relacionados co entroido para decorar o cole e para disfrazarnos nós.

Por xentileza de Cultura do Concello de Foz, o xoves 8 de febreiro visitounos a charanga Brassica Rapa. Bailamos e divertímonos na pista deportiva durante media hora. 

O día 9 celebramos, coma cada curso, a festa do Entroido. Todos os cursos se disfrazaron con motivos relacionados co entorno, xa que o PDI anual é Coida a túa contorna. 

Apareceron abellas, xardineiros, insectos variados, espantallos... e tamén algúns pitiños.

Fixemos desfile e baile na pista despois do recreo.

 

Foi unha festa moi divertida.

 

CARNAVAIS de Bibliochicharrón Foz

1/31/2024

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA

 Por que o 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz?:

A elección deste día débese a que é a data na que morreu en 1948  Mahatma Gandhi, líder da India e considerado como a principal figura do pacifismo no mundo.

No noso colexio celebrámolo de varias maneiras:

  • Exposición de recursos "LEMOS POLA PAZ".
  • O alumnado de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria traballaron o conto "O LIBRO DA PAZ" de Todd Parr. A partir das súas imaxes os nenos colorearon debuxos e texto para responder á pregunta "QUE É A PAZ?". Rematouse o traballo cun gran mural.
  • Os nenos e nenas de Segundo Ciclo reflexionaron sobre o que é a PAZ para eles no seu día a día.
  • O rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º, en Plástica elaboraron un "TENDAL POLA PAZ", con lemas en camisetas de papel.
  • O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural a partir dunha cita de BOB MARLEY. Primeiro falaron dos conflitos armados que hai na actualidade no mundo, viron algunhas curtas sobre a resolución de conflitos e tamén sobre a migración. 
  • Todo o cole participou na elaboración dun vídeo pola paz! ENLACE PARA VER

 





                    










TRABALLAMOS EN PAZ de Bibliochicharrón Foz

 MAGNÍFICO TRABALLO!!!!!!!! NORABOA!!!!!!!!

12/22/2023

APRENDENDO SOBRE A EMIGRACIÓN

O xoves, 21 de decembro, visitounos Samba. Él é un membro da ONG "Viraventos" dende a que axudan a persoas inmigrantes. Foi unha xornada moi interesante que tivemos grazas á proposta dende a ANPA.


Tivemos a oportunidade de facer un programa de radio con él e coñecer a realidade das persoas que teñen que emigrar.


Falounos sobre a súa experiencia persoal: deixou Senegal ós 20 anos e instalouse na Coruña. Tivo diversos traballos ,como por exemplo repartidor de pizzas, obreiro... ata chegar ó seu oficio actual: creador de contidos en rede.


Falounos sobre o racismo existente a día de hoxe en España e deixounos claro que a diversidade cultural é UNHA RIQUEZA QUE DEBEMOS APROVEITAR.


 




 

12/20/2023

FESTIVAL DE INVERNO

 Os días 19 ( para o alumnado e profesorado) e 20 (para as familias) de decembro, para despedir o 1º trimestre, tivemos un festival no que actuaron varios cursos coa representación de pezas de teatro e estupendas coreografías.

  • O alumnado de 6º de Infantil deleitounos coa escenificación do conto "Un pouco perdido".
  • Estes nenos e nenas xunto aos de 5º de Infantil cantaron a canción "Buscando a Papá Noel".
  • Os rapaces de 3º e 4º de Primaria representaron a obra de teatro "Foz Deluxo".
  • O alumnado de 5º de Primaria interpretou a obra "Esta consulta é de tolos".

 Noraboa aos nenos, nenas e mestres por facernos pasar unhas sesións tan divertidas.


FESTIVAL PRIMEIRO TRIMESTRE de Bibliochicharrón Foz

 

E tamém decoramos o cole "moi de época":

 

O inverno e o nadal de Bibliochicharrón Foz

 

Boas vacacións e bo ano 2024!!!!!!! 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023

 A continuación podedes ver as recomendacións lectoras para as vacacións de Nadal 2023.

 Agardamos que vos gusten.

Boas vacacións e bo ano novo.

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023 de Bibliochicharrón Foz

12/15/2023

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Por xentileza da ANPA, o venres, 15 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita guiada ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao.

Para completar a xornada os rapaces de 1º gozaron dun tempo de lecer no parque e os de 2º pasearon e desprazáronse pola vila ata o faro de Punta Atalaia.

Resultou unha actividade moi interesante, polo seu carácter informativo, lúdico e de fomento da convivencia.

 

 















 

12/05/2023

BANDA DESEÑADA

 O martes 5 de decembro visitounos Cristian F. Caruncho, ilustrador e deseñador de cómics.  Gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación de A Coruña, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño. Os seus traballos están ambientados no Medio Rural, polo que nos resultou adaptado ao noso PDI "Coñece e coida o teu entorno".

Con el, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo cadanseu obradoiro de hora e media de duración: faloulles do seu traballo, ensinóullelo e deseñaron os seus propios cómics. 

Gustoulles moito.

Esta actividade está relacionada co premio "Voluntariado de lectura Primaria" integrado no programa "Biliotecas escolares solidarias".