Coma cada mes de xuño, elaboramos unhas recomendacións lectoras para o verán. Agardamos que merquedes e leades algunhas delas e poder comentalos o vindeiro curso.
A ver se vos gustan.
GUÍA LECTURA VERÁN 2021/22 de Bibliochicharrón FozComa cada mes de xuño, elaboramos unhas recomendacións lectoras para o verán. Agardamos que merquedes e leades algunhas delas e poder comentalos o vindeiro curso.
A ver se vos gustan.
Onte, día 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto coas súas titoras e a mestra de Educación Física fixeron a ruta das praias, desde o cole ata Peizás para conmemorar "O día do Medio Ambiente" (5 de xuño) e "O día Mundial dos océanos" (8de xuño) para concienciar aos nenos da urxencia de manter limpo o planeta.
Levaron a merenda e recolleron lixo.
Foi unha experiencia moi interesante.
No cole seguimos traballando no PDI "A Música". A semana vindeira remataremos.
A escritora Sabela Núñez Singala autora de "O agasallo de Anya" estivo hoxe día 10 de xuño no noso cole compartindo dúas horas co alumnado de 5º de Primaria, que previamente lera o libro.
Esperamos que vos gustara.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado do Centro e as súas familias, escolleron palabras do noso idioma que máis lles gustaban para compoñer unha bandeira galega moi orixinal na entrada principal do colexio.
O alumnado de Infantil elaborou outro mural adicado a Florencio Delgado Gurriagán, persoa homenaxeada este ano neste Día.
Coma o curso pasado, cada alumno decorou un marcapáxinas que repartimos entre as librarías de Foz. Éstas agasallaron con eles ás persoas que mercaron libros por estas datas.
Aquí queda o mural cos traballos realizados.
Esperamos que vos gusten.
Agora toca o turno da República Dominicana.
Empezamos por coñecer un pouco deste país:
A continuación podedes capturar os CQR de Música popular dominicana:
https://drive.google.com/file/d/1fO271itSyHHYiapj2d-Ts9NgdfecWu9-/view?usp=sharing
Agardamos que a disfrutedes.
Continuamos coa Música Internacional:
Desta vez son o papá e a mamá de Aitana, de 3º curso, os que nos fan a presentación.