1/28/2022
Radio na biblio... SCP
ENQUISAS NA RADIO
Canto nos divertimos facendo este programa!! Estivemos Luis, Daniela, Claudia, Marina e Joaquín, debatindo sobre diferentes temas polémicos... non sabemos se nos chegamos a poñer dacordo... ufffff, a ver que opinades vós...
PODCAST - TOP 10, RECORD GUINNESS
Ola a todos, somos Pablo, Lara, Lucía, Paula e Marcos de sexto de primaria. Elaboramos este programa de radio desexando que o disfrutedes moito.
Unha vez que o escoitedes gustarianos que fagades o Kahoot que preparamos sobre o programa.
CÓDIGO PIN: 02009418
12/21/2021
BO NADAL
O CEIP Plurilingüe de Foz número 1, deséxalle bo Nadal a toda a comunidade educativa!
12/19/2021
Guía de lectura Nadal 2021
Dende a biblioteca queremos que non vos aburrades e propoñémosvos algo para ler, xogar e compartir en familia.
Que o pasedes ben e a ver se vos gusta o que vos suxerimos.
Bo Nadal
12/10/2021
DÍA DA DISCAPACIDADE
No noso cole conmemoramos o Día da Discapacidade con diversas actividades:
- O alumnado de Infantil, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", elaboraron un fermoso mural.
- O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, facendo alusión ao proxecto global de centro "A Música", traballou a discapacidade coñecendo músicos máis que "capacitados".
E para rematar, cantamos "Eu teño alguén" empregando a linguaxe de signos e pictogramas.
11/30/2021
Contacontos Raquel Queizás
Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, o 29 de novembro a ANPA agasallounos coa "Contacontos" Raquel Queizás dentro do programa "Somos iguais: contos pola igualdade". Os alumnos que gozaron coas súas divertidas historias foron os de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria, en dúas quendas.
"Todas as persoas debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades independentemente do sexo co que nacemos"
FOTOS 1º E 2º DE PRIMARIA
FOTOS INFANTIL












