10/12/2021

Obradoiros itinerantes: "Creativity"

É un proxecto itinerante que propón obradoiros para espertar o enxeño de nenos e nenas e axudarlles a sentirse cómodos nunha sociedade cambiante.

Os pasados 7 e 8 de outubro, o espazo itinerante Creativity, deseñado por Fundación La Caixa, visitou Foz e convidou a todo o alumnado de Primaria a participar nel.

A Fundación La Caixa, a través do seu programa Educaixa, ofrece á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos dirixidos ao alumnado e profesorado, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.

Que ofrece Creativity?

A través dun proxecto innovador de aprendizaxe inspirado no movemento Tinkering Exploratium de San Francisco, Creativity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.

O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, competir, colaborar, improvisar, traballar en equipo...

Oa alumnos traballaron competencias transversais no ámbito matemático, científico e tennolóxico.

O espazo itinerante Creativity estivo situado na Avenida da Ribeira e alí acudimos todo o alumnado de Primaria e mestres, en varias quendas, os días 7 e 8 de outubro, como xa dixera.

Fotos de 2º  Curso








Fotos 1º Curso

 
















Fotos 3º Curso








Fotos 4º Curso













Fotos 5º A









 

Fotos 5º  B

 









  Fotos 6ºCurso
















9/21/2021

COLABORADORES DA BIBLIOTECA ESCOLAR - 2021/2022

Eres alumno do CEIP Plurilingüe de Foz número 1?

Estás en sexto de primaria?

Queres formar parte do Equipo de Biblioteca?

Pois a que esperas!!!! Anótate no formulario!!

 

9/16/2021

Comezo de Curso 2021/2022

 Bo día alumnado e familias:

O Equipo de Biblioteca queremos darvos a benvida ao novo curso escolar e agardamos que sexa do voso agrado.

Mercastes as recomendacións lectoras do verán? Se non o fixestes e queredes ler algún deses libros agadámosvos na Biblio con eses e outros moitas cousas.

RECOMENDACIÓNS DO VERÁN

SAÚDOS