Os nosos rapaces seguen a investigar!!! Fermoso traballo...
4/27/2021
4/15/2021
XOGOS DE AQUÍ
Seguindo co proxecto "Foz, xente de aquí e de acolá", toca complementar o traballo iniciado na área de Educación Física. Así o resto do alumnado de 4ºB, xunto coa súa titora, recompilaron varios xogos tradicionais de "aquí".
Para este traballo tiveron a sorte de contar coa axuda das súas familias. Estamos moi orgullosos do traballo realizado. Esperamos que vos guste.
4/14/2021
XOGOS DE ACOLÁ
Este curso seguimos traballando no proxecto "Foz, xente de aquí e de acolá", dende a área de Educación Física recopilamos xogos populares entre as familias do alumnado procedente doutros países. Con esta información elaboramos a seguinte presentación.
Grazas aos participantes, esperemos que vos guste!
4/07/2021
ESPAZO MAKER
No seguinte vídeo, recollemos momentos moi especiais vividos no noso "Espazo Maker", onde os rapaces aprenderon e se divertiron coas diferentes actividades e coa recente adquisición da impresora 3D!
A QUE ESPERAS!! DALLE AO PLAY!!!!
4/06/2021
8M
Aquí vai o traballo realizado no centro o pasado 8 de marzo para conmemorar o "Día internacional da muller".
3/18/2021
CONTOS DAS MOURAS
PROXECTO DE RADIO EN COLABORACIÓN CO IES DE FOZ
Dentro do programa de "Voluntariado de lectura - A", no que participamos dende hai varios cursos xurdeu a iniciativa de elaborar un programa de radio escolar en colaboración co IES de Foz.
No noso cole, participou alumnado colaborador de biblioteca e radio de sexto de Primaria. O resultado do proxecto foi a unión de diferentes voces do alumnado de ámbolos dous centro na peza teatral titulada "Contos das mouras".
Agardamos que vos guste!








