4/28/2020

DÍA DA NAI

Estades planeando a mellor forma de pasar este día?, seguro que vai ser diferente... pero coa vosa imaxinación será especial e inesquecible!

Dende a biblio queremos propoñervos algo...
Pensamos na gravación dun novo programa de "Chicharriños nas ondas" no que cada un de vos podades facer a vosa aportación.

A actividade ten como título: "Quen é a muller máis importante da túa vida? e por que?". Consiste en que fagades unha pequena gravación, como máximo dun minuto, onde empecedes presentándovos e contestando a esa pregunta. Podedes seguir o seguinte exemplo:

Ola, son ............ a muller máis importate da miña vida é ...... porque.......


Recordade que non debe superar o minuto de gravación. O formato debe ser un audio mp3 ou wav. Enviarédelo á conta de correo da nosa biblioteca: ceipdefozn1@gmail.com

COMO VOS FOI A SAÍDA Á RÚA?

Imaxinamos que todos estariades desexando volver á rúa, respirar un pouco de aire fresco, camiñar, correr, saír cos vosos xoguetes...

Dende a biblio gustarianos saber como foi esa primeira saída, despois de tanto tempo pechados nas vosas casas, que fixestes, como vos sentistes, que botastes de menos, que vos gustaría...

Así que vos animamos a escribir un pouquiño e enviar unha carta contanto a vosa experiencia... se queredes podedes adxuntar algunha foto desa saída ou un debuxo. Enviaredes todo á conta de corrreo da nosa biblioteca: ceipdefozn1@gmail.com

Con todo o que nos mandedes crearemos un vídeo que publicaremos no blog.

ANÍMATE E PARTICIPA!


4/22/2020

DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DE 2020

Como cada 23 de abril dende o 1988 celébrase a nivel internacional este día adicado a fomentar a lectura e o dereito de autor.
No noso cole xa eran tradicionais os apadriñamentos lectores, este ano non nos queda máis remedio que botalos moito de menos... Pero non por iso ímos deixar de conmemorar este día, así que ocurríusenos que xa que soíades escoitar ou contar contos.... que o podedes seguir facendo!

A proposta é que aos que lles apeteza contar... poden gravar un vídeo contando un conto ou tamén si prefires... recomendar algunha lectura. E aos que lles apeteza escoitar... esperar polos vídeos dos seus compañeiros que seguro vos van encantar!!
E xa que estamos na casa... a proposta vai para toda a comunidade educativa... podedes ler individual, en familia, papas, profes...

Para envíar o vídeo, teredes que subilo a unha plataforma en internet (google drive, youtube...) e enviar o enlace do vídeo ao correo da biblioteca (ceipdefozn1@gmail.com).

Para animarvos a contar... os profes de biblio tamén quixemos participar, así que algúns contamos e outros recomendamos...





Deixámosvos tamén, o díptico que edíta cada ano a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional para conmemorar este día.
O texto deste ano foi creado por Manuel Gago no que nos dí "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".
A imaxe do díptico é do profesor Harold Iglesias, fotografía a un "chasco común". Podedes escoitar o seu canto no enlace, o seu canto.





4/17/2020

O PAPAGAIO - ABRIL 2020

Aquí vai o exemplar do mes de abril do xornal que máis nos gusta "O PAPAGAIO". Como non  podemos disfrutar del en formato papel a editorial envíanolo dixitalmente.


OS CARIÑOS DOS NOSOS NENOS PARA OS NOSOS MAIORES

Que alegría saber de vós!!!

Aquí van algunhas das mostras de cariño que os nosos nenos lles enviaron á residencia da terceira idade:







4/13/2020

OS NOSOS MAIORES NECESÍTANNOS

Ola a todos,

Sabiades que os nosos maiores que viven na residencia da terceira idade de Foz estan moi soíños, non poden saír da habitación para non contaxiarse co COVID 19.
Precisan algo de compañía que lóxicamente non pode ser neste tempo... Así que... pensamos que vós podedes alegrarlles un pouquiño o día...

Que vos parece si lles escribides algunha carta ou un debuxo, vídeo, canción... calquer outro detalle que se vos ocurra para darlles ánimos. No centro están decorando os seus muros coas cartas, mensaxes, debuxos que lles chegan dos seus familiares, amigos... para animar neste confinamento tanto aos residentes como aos traballadores que tamén o precisan nesta situación tan complicada.
Queremos animar a toda a comunidade educativa, todos podemos poñer o noso gran de area.

Se vos apetece participar podedes mandar as vosas achegas á seguinte dirección: 

centrodefoz@ideainnovacion.com

Axuda aos nosos maiores, anímate a participar!

#euquedonacasa #bescolaresAbertas