3/27/2020

CONTOS CONTADOS

Queremos compartir con vós a iniciativa da editorial Kalandraka "Contos contados", na que diariamente aparecen algún dos contos que editaron ao longo destes anos. Accederedes á canle premendo no enlace:

KALANDRAKA TV

Tamén o vídeo ao que Charo Pita nós convidou a compartir coas nosas familias:


3/23/2020

VÍDEO ENTROIDO 2020

No seguinte enlace podedes disfrutar dun fantástico video do entroido no noso cole que nos gravou e montou Lucía Villarino Lestegás, á que porsuposto lle damos as grazas!

Esperamos que o disfrutedes!

VIDEO - ENTROIDO NO NÚMERO 1 2020

3/21/2020

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe é o Día Mundial da Poesía. En 1998, a organización Unesco, propuxo celebrar cada 21 de marzo esta conmemoración co propósito de fortalecer a cultura no noso planeta. En Europa chamámoslle Primavera dos Poetas.

Para conmemorar este día compartimos convosco esta canción adicada á nosa Rosalía de Castro. Animámosvos a escribir un poema que podedes enviar ao enderezo da biblioteca (ceipdefozn1@gmail.com) e publicarémolo no noso blog.  

Que pasedes un bo día!

#euquedonacasa #bescolaresAbertas

3/17/2020

CONCURSO: "CONTOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ"

Estimadas familias,

Nestes días complicados, dende a biblioteca escolar, queremos ofrecer unha iniciativa para axudarvos a pasar esta situación da mellor maneira posible. Así establecemos este concurso no que poden participar, de xeito voluntario, todo o alumnado do centro.
Nos enlaces tedes as bases do concurso e a plantilla para a realización da tarefa.

Moito ánimo a todos, xuntos podemos!


#EUQUEDONACASA


RECREOS MAKER

Nos períodos de recreo, os nosos rapaces utilizan o "Espazo Maker" dende o mes de novembro. Anótanse libremente, establecendo así quendas para non colapsar o espazo, así como os materiais que poden empregar. Ademáis, contan con dous "monitores maker" (alumnado "axudnates de biblioteca" de quinto e sexto de primaria), organizados en turnos.
Nestes últimos meses xogaron co "Code & Go" un rato con moita gaña de comer queixo..., co robot de Lego "Wedo" e cos escornabots, empregando os paneis de xogo que os rapaces de cuarto e sexto de primaria elaboran na clase de robótica.
Tamén xogan con outros materiais manipulables como cubos de rubik, bola laberinto...






PANEIS PARA ESCORNABOTS

Neste último trimestre, nas clases de robótica, o alumnado de cuarto e sexto de primaria, por grupos, estiveron traballando na elaboración de paneis para os escornabots, coas súas respectivas normas de xogo. A temática empregada foi de libre elección; así temos paneis deportivos, do espazo, da idade media, de historia, matemáticos... e xa empezamos a xogar cos primeiros paneis rematados.

Gran traballo rapaces!










Os grupos que remataron comezaron a programar co robot "Wedo".