Na última semana, tivemos pola nosa biblio aos alumnos de 4º e 5º de Infantil. Puideron escoitar un conto da man de "Mari Paz" e disfrutar do espazo e contos que temos para eles.
Queda pendente a visita do alumnado de 6º de Infantil, que por mor da interrupción das clases pola alerta sanitaria provocada polo "Coronavirus", non puideron asistir á cita prevista para eles.
3/17/2020
EXPOSICIÓN 8M E ROSALÍA DE CASTRO
Estes son os materiais que tivemos expostos na nosa biblio para ler e investigar sobre Rosalía de Castro e para o 8M.
MATERIAIS 8M
ROSALÍA DE CASTRO
MATERIAIS 8M
ROSALÍA DE CASTRO
3/09/2020
8M
Dende o noso Centro contribuímos neste 8 de marzo na visualización do papel da muller na sociedade. Nesta ocasión, os rapaces de quinto de primaria, interpretaron unha pequena obra de teatro, onde expuxeron diversas situacións cotiás nas que a muller está en inferioridade con respecto ao home (salarios, tarefas domésticas, coidado dos fillos...), con diferentes acompañamentos musicais.
3/04/2020
CULTURAS EN DIÁLOGO
Hoxe tivemos a sorte de asistir como convidados á inauguración da exposición "Culturas en diálogo" da Rede Museística Provincial.
Foi o remate dun obradoiro que se levou a cabo no noso colexio e que servíu para investigar e reflexionar sobre a migración.
Foi o remate dun obradoiro que se levou a cabo no noso colexio e que servíu para investigar e reflexionar sobre a migración.
PROXECTO DIGICRAFT
Seguimos co Proxecto Digicraft; esta semana tocou realidade aumentada. Aprendimos moitas cousas sobre o corpo e o universo e ao mesmo tempo pasámolo moi ben.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















































