Nesta ocasión foi o turno do alumnado de 1º e 2º. Acudiron ao Espazo Maker para aprender a programar un robot a través da "robótica desenchufada", onde empregamos o xogo de "Robot Turtles". Como tiñamos que xogar por turnos... tamén crearon figuras con bloques "Lego".
4/11/2019
VISITA AO OBRADOIRO DE SANCHO
O alumnado de 6º de Educación Infantil, estivo investigando sobre a Idade Media. Por iso decidiron visitar a un carpinteiro local do que aprenderon un montón de cousas sobre o oficio.
Mirade que actividade tan interesante:
Web do centro: Visita ao obradoiro de Sancho
Mirade que actividade tan interesante:
Web do centro: Visita ao obradoiro de Sancho
4/04/2019
ESPAZO MAKER: TALLER WEDO
Durante esta semana, pasaron pola biblioteca os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Acudiron en diferentes sesións, onde puideron disfrutar do Espazo Maker.
Nesta ocasión realizamos un "Taller wedo", no que tiveron que montar e programar este robot.
Nesta ocasión realizamos un "Taller wedo", no que tiveron que montar e programar este robot.
4/03/2019
CONCURSO "ROSALÍA DE CASTRO"
Aquí temos un novo programa de Radio na Biblio!
Nesta ocasión queremos dar publicidade a un concurso sobre Rosalía de Castro, proposto dende a especialidade de Lingua Extranxeira.
3º PROGRAMA: Radio Escolar - Concurso Rosalía de Castro.
Nesta ocasión queremos dar publicidade a un concurso sobre Rosalía de Castro, proposto dende a especialidade de Lingua Extranxeira.
Animámosvos a todos a escoitalo e a participar!
3º PROGRAMA: Radio Escolar - Concurso Rosalía de Castro.
VISITA DE MARICA CAMPO
O pasado venres 29 de marzo tivemos unha visita moi especial... Marica Campo estivo na nosa biblioteca!!
Durante hora e media aproximadamente, estivo co alumnado de quinto e sexto de primaria. Viunos contar e falar do seu libro "Unha misión para Clara" que previamente leran os nosos rapaces. Estiveron moi entretidos con Marica, tanto que nin lle quedou tempo de dedicarlles o libro aos rapaces... eso sí... prometeunos volver e asinarlles a todos o seu libro!

Grazas Marica!
ESPAZO MAKER: FORMACIÓN SCRACH
A semana pasada realizamos un taller de formación de scrach para axudantes de biblioteca. Proximamente disfrutaremos de recreos de scrach, no que poderán participar aqueles alumnos que o desexen. Os axudantes de sexto de primaria son os encargados de promocionar e organizar esta actividade e ademáis farán de monitores.
Da gusto traballar co noso voluntariado lector!!
RECREOS MUSICAIS
Os pasados 26, 27 e 28 de marzo, tivemos na biblioteca, os ansiados recreos musicais. Foron moitos os alumnos que se anotaron para amosar ás súas facetas artísticas, e moitos os que acudiron a disfrutar destas xornadas.
Nesta ocasión, os axudantes de biblioteca de quinto de primaria, foron os encargados de promocionar e organizar a actividade.
Nesta ocasión, os axudantes de biblioteca de quinto de primaria, foron os encargados de promocionar e organizar a actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)