3/20/2018

15 DE MARZO - DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

O pasado 15 de marzo disfrutamos dunha sesión onde os rapaces de 4º de primaria expuxeron a todo o alumnado e profesorado do Centro distintas actividades en torno ao "Día mundial dos dereitos do consumidor".

As actividades realizadas foron as seguintes:

  • Presentación:
    • Por qué se celebra este día?
    • Dende cando?
  •  Dereitos dos consumidores.
  • Deberes dos consumidores.
  • A publicidade - técnicas.
  • Parodias de anuncios publicitarios:
    • Crema Verza.
    • Eau Espantallo.
  • Visionado do vídeo: "ultimatum evolutivo"
  • Canción do consumidor: "Consumo".
 


















3/19/2018

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para esta data tan significativa, foron os alumnos de 1ºA e 1ºB os que investigaron, elaboraron un traballo e expuxéronno para todo o Centro Educativo.

O desenrolo da exposición tivos varias partes:

- Escenificación de "O libro dos porcos".
- Escenificación con proxección de "Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa".
- Interpretación da canción "Son muller" do grupo "Mais boas cas patacas".














3/07/2018

NOVIDADES MES DE MARZO

No seguinte enlace podedes acceder ás novidades para este mes de marzo relacionadas coa conmemoración do "Día internacional da muller"

NOVIDADES - MARZO 2018

3/05/2018

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar a data adícada a Rosalía de Castro realizamos as seguintes actividades:

  • "ROSALÍA NA RADIO": O venres 23 de febreiro alumnado de primeiro curso de Primaria acudíu á radio, acompañado das súas titoras, para ler poemas da autora previamente traballados na aula.
  • "ROSALÍA NAS AULAS": O luns 26 de febreiro os alumnos de quinto curso de Primaria, en grupos de dous ou tres rapaces, acudiron ás aulas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º curso de Primaria recitarlles poemas seleccionados previamente e realizar unha actividade posterior con eles.
  • "ROSALÍA NA RÚA": O luns 26 de febreiro os alumnos de sexto curso de Primaria recitaron poemas seleccionados por eles, na Avenida da Mariña con acompañamento musical de Amancio Prada. A este recitado uníronse  pais voluntarios con poemas seleccionados por eles.
  • "ROSALÍA NO CENTRO DE DÍA": O martes 27 do mesmo mes, os alumnos de cuarto curso de Primaria seleccionaron poemas da autora, elaboraron murais e foron ilustrar aos anciáns do centro de día co traballo realizado.










2/19/2018

A ROBÓTICA NO ENTROIDO

Este curso estamos traballando coa robótica a partir dun proxecto de biblioteca. Para o entroido decidímos facer disfraces en torno a esta temática ou relacionados coa ciencia. Así saíron os seguintes disfraces:

- 4º de Educación Infantil: "Os semáforos".
- 5º de Educación Infantil: "Os municipais".
- 6º de Educación Infantil: "Unha viaxe en globo".
- 1º de Educación Primaria: "Xogos de mesa".
- 2º de Educación Primaria: "A alimentación saudable".
- 3º e 4º de Educación Primaria: "Científicos locos".
- 5º e 6º de Educación Primaria: "Robots".

Os mestres especialistas, como cada ano, colaboraron cos seus disfraces relacionados co tema, así apareceron polo noso centro Grahan Bell, Dian Fossey e o científico Doc.

















2/08/2018

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Aqui tedes o enlace ao novo cartaz de novidades deste mes de Febreiro. Desexamos que disfrutedes das lecturas!

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

2/06/2018

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA DE DA PAZ

A parte dos traballos realizados nas distintas aulas, o alumnado que preparou esta exposición foi o de segundo de primaria.


Por qué celebramos esta data? Porque o 30 de xaneiro é o aniversario da morte do líder nacional e espriritual da India, o Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

Gandhi é coñecido principalmente por ser un pacifista que desexaba ver libre ao seu país do dominio británico e que defendía os dereitos humanos sempre mediante métodos non violentos. Súa nai foi unha das persoas que máis influíu na súa vida e dela aprendeu o respecto polos seres vivos e a tolerancia cara a diferentes formas de pensar.

Mahatma Gandhi dicía: 
 "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".

Non basta con falar de paz; temos que crer nela e traballar día a día para conseguila.
A continuación os alumnos fixeron un decálogo coa esperanza de que xuntos aprendamos a ser persoas pacíficas e constructoras de paz:

1. Se un neno vive criticado aprende a criticar.
2. Se un neno vive con hostilidade aprende a pelexar.
3. Se un neno vive avergoñado aprende a sentirse culpable.
4. Se un neno vive castigado aprende a maltratar.
5. Se un neno vive sen cariño aprende odiar.
6. Se un neno vive con medo aprende a ser agresivo.
7. Se un neno vive con tolerancia aprende a ser tolerante.
8. Se un neno vive apreciado aprende a querer.
9. Se un neno vive con xustiza aprende a ser xusto.
10. Se un neno vive con aceptación e amor aprende a atopar amor no mundo.

Neste día pretendemos que esta fora unha xornada para reflexionar sobre que o amor é mellor que o odio, a non violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra.
Por iso dámosvos a todos as grazas por axudar a facer do mundo un lugar mellor!!

A continuación, o alumnado leron o conto "A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern. Nel vimos que o que fai realmente deliciosa a sopa é o ingrediente máxico da amizade porque un amigo está para escoitar, rir con nós, alegrarse coas boas novas ou para consolarnos cando o necesitamos.

Seguidamente recitaron o poema titulado "Nada" de María Canosa. Nesta poesía a autora cóntanos como moitas persoas poden sentirse felices a pesares de non ter nada material, tan só o amor dos seus.

Para rematar, pecharon a súa intervención neste acto interpretando a canción "Yo quiero tener un millón de amigos" de Roberto Carlos.