4/03/2017

CONTACONTOS INFANTIL

Nestas últimos días do trimestre, o alumnado de infantil veu á biblioteca para disfrutar da lectura e dunha sesión de contacontos.
Repartidos en catro sesións, unha para cada aula, despois de ler e ver libros, escoitaron os seguintes contos:

  • 5 anos: "Os Bolechas: Carlos sangra polo nariz".
  • 3 e 4 anos: "A sopa queima".
Aí van as fotos!








































3/27/2017

DÍA DA ÁRBORE

O 24 de marzo foi o "Día da árbore". A nosa biblioteca quixo participar na plantación de tres ameneiros que envíaron ao centro. Puxémonos mans á obra e cos nosos axudantes plántamos as árbores na xardineira que a ANPA construíu no noso centro.

























 Como podedes ver, a xardineira completámola cunhas leitugas. Os nenos de cinco anos viñeron ver o resultado final.



3/21/2017

O 061 E OS BOLECHAS

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia escolleu a "Os Bolechas", para mellorar a formación en primeiros auxilios dos escolares.


Os libros presentados forman parte dunha colección de seis contos nos que os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras. A maiores, esta serie conta cun caderno didáctico para poder repasar o aprendido e cun conto no que os Bolechas coñecen o 061 de Galicia facendo unha visita ás súas instalacións.
Na biblioteca do noso cole recibimos dous lotes destes libros que xa están viaxando polas aulas do centro.

No seguinte enlace, podedes acceder ao formato dixital e disfrutar deles.