O pasado 7 de decembro, por xentileza da ANPA, visitounos un titiriteiro do grupo de teatro e marionetas "Trécola".
Pola biblioteca pasaron todos os rapaces do cole organizados en dous grupos onde disfrutaron de varias historias a través dos títeres.
- Infantil e primeiro curso de Primaria, en horario de 10:00 a 11:00 horas.
- 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, en horario de 11:00 a 12:00 horas.
12/12/2016
11/28/2016
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Conmemoramos dita data o pasado 25 de novembro, na biblioteca, co seguinte programa:
- Exposición bibliográfica de materiais para utilizar relacionados co tema, con carteis envíados pola Asistencia Social do Concello.
- ALUMNADO DE QUINTO:
- Lectura de murais en forma de corazón con frases e debuxos alusivos ao tema, con música de fondo de Bryan Adams e Paco de Lucía "To really love a woman".
- Coreografía de alumnas coa canción "Imagine" de John Lennon.
- Danza por grupos da canción "I will survive" de Gloria Gaynor, participando todo o curso.
- ALUMNADO DE SEXTO:
- Definición do termo "Violencia de Xénero".
- Breve referencia ás irmás Mirabal e explicación de por qué se elixiu ese día (25 de novembro).
- Distintos tipos de violencia de xénero e breve dramatización de cada un deles: física, psicolóxica, social, económica e sexual.
- Referencia ao 016 como teléfono de axuda.
- Exposición de carteis con mensaxes alusivas ao tema.
- Posta en escea das cancións de Bebe e Huecco.
- Exposición na entrada do centro dos murais elaborados para o acto conmemorativo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



