11/28/2016

CONTACONTOS: A CASA DO RATO RENATO

Os días 15,16 e 17 de novembro, empezamos coas sesións de contacontos para o alumnado de Educación Infantil.
Nesta ocasión escenificamos o conto "A casa do rato Renato" de Manuel Castro Lima e Mª Mar Ameixeiras Sánchez, con ilustracións de Francisco Ameixeiras Sánchez, da editorial Parafunda.

Ademáis de escoitar o conto puideron manipular diversos contos axeitados aos prelectores. Logo nas súas aulas realizaron unha ficha alusiva ao conto.


















11/24/2016

XOGOS TRADICIONAIS E MAGOSTO


O pasado 11 de novembro, tivemos unha xornada moi especial, dende as 10:00h ata as 13:15h, adicada aos xogos tradicionais e populares. Durante a mañá, foron pasando os distintos cursos polos distintos xogos dispostos ao longo dos espacios exteriores do centro: billarda, sacos, pentanca, bolos finlandeses, peón, aros, zancos, percorrido coa culler e castaña, ra, chapas.
A partir das 13:15h ata as 14:00h todo o alumnado e profesorado do centro xuntámonos na pista deportiva para degustar castañas asadas e bailar o peón.

Queremos agradecer a colaboración desinteresada de:
  • Nais e pais que nos emprestaron algún xogo e colaboraron na súa realización.
  • A asociación de billardeiros de San Cosme de Barreiros. Cinco persoas viñeron mostrar e xogar.
  • A panadería Bahía, que nos asou as castañas.





















11/17/2016

SAMAÍN

Tras o éxito do ano pasado, A Biblioteca Escolar e a ANPA do centro, decidimos celebrar a festa de Samaín coa 2ª Procesión da Santa Compaña Infantil e posterior noite no centro.
Así, o pasado 27 de outubro, participaron un total de 60 rapaces que acompañados por mestres, pais e nais desfilamos dende o centro ao Campo da Cabana.

A nosa intención é ensinarlles aos nenos as nosas tradicións e tamén así perder o medo a todo aquilo que lles é descoñecido.

A xornada transcurriu do seguinte xeito:

  • Ás 18:30 h., xuntanza no centro.
  • De 19:30 a 20:00 h., actuación do "Mago Antón".
  • De 20:00 a 21:00 h, Procesión da "Santa Compaña Infantil", co seguinte itinerario:
    • Saída do centro pola Rúa Eduardo Pondal e baixada pola Rúa Noriega Varela ata o Campo da Cabana".
    • Volta ao centro pola Rúa Irmandiños e a Rúa Salvador de Madariaga. 
  •  Ás 21:00 h, recollida dos alumnos que non fai noite no centro.
  • De 21:00 a 22:00 h, cea.
  • A partir das 22:00 h, realizáronse as seguintes actividades:
    • Acutación do grupo folklórico - cultural "O Feitizo".
    • Elaboración do "brevaxe de bruxas", coa actuación do "Mago Merliño e o seu axudante o científico loco". (Actuación realizada por dous pais do centro).
    • Xogo libre no pavillón.
    • Finalmente.. dulces soños no ximnasio.
  • De 8:00 a 9:00 h, Almorzo no centro e subida á aula.





CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro celebramos "O Día Internacional das Bibliotecas Escolares" como unha chamada á realización de actividades que sirvan para facer visible a biblioteca nos centros.
O lema deste curso é "A Biblioteca Escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro".
As Bibliotecas Escolares dos Centros Educativos deben ser "Centro de Recursos de Lectura, Información e Aprendizaxe". Cada unha delas é ÚNICA e é o lugar polo que pasa toda a poboación en idade escolar, dun País. Todos os nenos e todos os mozos teñen no seu centro unha Biblioteca Escolar.

Nós, este ano, celebrámolo dunha maneira moi especial:

  • Elaboración dun libriño cunha escolma poética galega.
  • Lectura dos devanditos poemas intercalando pezas musicais interpretadas por alumnos e dous mestres do centro.
Reunímonos na biblioteca todo o alumnado do centro o día 24 de outubro de 12:30 a 13:45 horas, para disfrutar de tan interesante actividade.




24 DE OUTUBRO – DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
PROGRAMA

§  Peza musical, con violonchelo e frauta traveseira: “BRAZOS PRÁ SEITURA” - Bruno e Noelia.
§  Poema, “A LINGUA” -  Pablo e Azahara.
§  Peza musical, con gaita: “GERMAN DANCE”-  Miguel.
§  Poema, “A FAME DE GATO” -  Lara
§  Poema, “DORNA” -  Lucía e Noa.
§  Peza musical, con piano: “LA DONNA E MOBILE” – Helena.
§  Poema, “ARROLOS E RODAS” - Laura e Salwa.
§  Peza musical, con guitarra: “AN EVENING SONG” – Aldara.
§  Poema, “CAMIÑO LONGO” - Pablo e Azahara.
§  Peza musical, con violín: “REMANDO SUAVEMENTE” – Alba.
§  Poema, “CASTELLANOS DE CASTILLA” - Laura, Lara e Lucía.
§  Peza musical, con clarinete: “LEMBRANZAS DO SOUTELO” – Cristina.
§  Poema, “TIVEN MEDO…” - Salwa.
§  Poema, “TRABALINGUAS” -  Pablo, Azahara, Noa, Laura e Lara.
§  Peza musical, con guitarra: “A WALTZ” – Alberto.
§  Poema, “O MEU CUARTO” -  Salwa e Pablo.
§  Poema, “A VIRXE E O MARIÑEIRO” -  Laura e Lara.
§  Peza musical, con saxofón: “WATERMELON MAN” – Bruno.
§  Poema, “NUNCA É TARDE” - Lucía e Salwa.
§  Peza musical, con piano: “MALAGUENA” – Lois.
§  Poema, “A FALA” -  Noa e Pablo.
§  Peza musical, con violonchelo e frauta traveseira: “O SON DO AR” -  Bruno e Noelia.















CONCERTO DIDÁCTICO

O venres 30 de setembro, visitáronnos algúns membros da asociación folklórico - cultural "A Subela", cun Concerto Didáctico dando a coñecer parte da nosa música tradicional a través da interpretación de distintas melodías e ritmos, empregando instrumentos que se tocaban ao longo da xeografía Galega: Gaita, acordeón, pandeireta, bombo, panteiro, pandeira e voz e tamén algún utensilio cotiá que se empregaba para facer acompañamentos, como a lata de pimentón.

O concerto durou unha hora, coa seguinte distribución do alumnado:

- Educación Infantil e 1º de Primaria, de 11:00 a 12:00 horas.
- 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de 12:30 a 13:30 horas.

Dámoslle as grazas á asociación "A Subela" por ofrecernos este concerto.