11/03/2016

FORMACIÓN DE USUARIOS - CURSO 16/17

E chegou o momento!!!!  Que atareados estivemos nestes primeiros meses!! Canto botabamos de menos a nosa biblio!!!

Por fin podemos mostrarvos as fotos de todas as actividades que fixemos dende o principio deste curso escolar.

Por suposto comezamos, nas primeiras semanas de setembro, coa visita por cursos de primaria, para facer as primeiras sesións de formación de usuarios dirixidas polas encargadas da biblioteca.
Durante dúas semanas realizamos ditas sesións do seguinte xeito:

- 1º e 2º curso de primaria:
  • Lectura do conto "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba".
  • Organización da biblioteca. Formación básica de usuarios.
  • Utilización dos "Marca - espazos".
  • Normas da biblioteca.
- 3º e 4º curso de primaria:
  • Organización da biblioteca. Formación de usuarios.
  • Recordamos o uso dos "Marca - espazos" así como a renovación dos de 3º curso.
  • Normas da biblioteca.
- 5º e 6º curso de primaria.
  • Organización da biblioteca. Formación de usuarios.
  • Recordamos o uso dos "Marca - espazos" así como a renovación dos de 5º curso.
  • Normas da biblioteca.
  • Convocatoria de "Axudantes de Biblioteca". 







BENVIDA A UN NOVO CURSO ESCOLAR 2016/17

Un ano máis empezamos o curso con moitas gañas de traballar. Temos a nosa nova biblioteca xa en pleno funcionamento. Así que esperamos compartir moitas actividades nela e que os nosos alumnos disfruten como verdadeiros ratiños de biblioteca!!!

Como xa sabedes podedes facer suxerencias no noso buzón para orientarnos sobre os vosos gustos lectores, para que nós poidamos mercar materiais e realizar actividades tendo en conta as vosas preferencias.

Bo curso e boas lecturas!!!