Como ven sendo xa unha tradición no noso centro, un ano máis levamos a cabo a actividade dos "Apadriñamentos Lectores" para conmemorar o "Día do Libro".
Este ano tivemos que pospoñer a actividade por mor do tempo... e por fin conseguimolo facer o pasado 28 de abril.
Coma sempre... unha actividade fantástica da que disfrutamos moitísimo, os padriños lendo aos seus afillados, os afillados absortos coas lecturas que lles brindaban os seus padriños e agasallandoos cunha manualidade feita por eles e os mestres marabillados co ambiente entrañable que xera está actividade!!!
4/30/2015
3/19/2015
O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
O Día Internacional da Muller, orixinalmente
coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado
cada 8 de marzo
e recoñecido pola ONU como unha xornada para
reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na
sociedade.
Nós no noso centro tamén o conmemoramos con traballos
de aula:
v En primeiro centráronse no traballo das mamás, tanto
doméstico como fóra da casa; fixeron debuxo individual sobre o tema.
v En segundo traballaron o conto “O libro dos porcos”.
v En terceiro fixeron un poema con lectura en común de
todo o grupo, acompañados con música de fondo.
v En cuarto centraron o traballo en Malala.
v En quinto buscaron información nas redes sobre
mulleres que destacaran na Historia.
v En sexto centraron o traballo na problemática actual
da muller no mundo. Investigaron para completar a información de quinto e
plasmaron todo nun mural.
Os traballos realizados polos diferentes cursos expuxéronse
nos distintos espacios do colexio.
O venres 13 de
marzo de 2015 xuntámonos no salón de actos tódolos cursos de Primaria para unha
posta en común dos distintos traballos realizados.
Resultou moi interesante.
3/18/2015
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro celebrouse o
día de Rosalía de Castro. Nós tamén participamos. Catro alumnos de 6º acudiron
en directo á emisora local de radio, radio foz, a recitar poemas de Rosalía de
Castro e falar da súa persoa.
No centro propuxemos unha actividade
que consistíu en colgar no taboleiro, á vista do alumnado, a pregunta - que
sabes sobre Rosalía de Castro?, coa finalidade de fomentar a participación das
rapazas e rapaces, investigando sobre a figura da devandita escritora.
A resposta máis orixinal sería
premiada. Así foi e o premio recaeu nun alumno de 3º. Tamén lle demos un premio
á clase de 2º, polo seu alto nivel de participación.
IAGO O CONTACONTOS
CONTACONTOS
O día 9 de marzo do presente curso, por xentileza da
editorial Anaya-Xerais, visitounos o contacontos Iago.
Estivo con nós para escenificarnos o conto “Augusta e os
seus medos”.
O horario foi de 12:30 a 13:40. Primeiro actuou para os
rapaces de Infantil e seguidamente para os rapaces de 1º e 2º de Educación
Primaria.
Gustoulles moito.
CONTACONTOS INFANTIL - PEDRO E O LOBO
PEDRO
E O LOBO
O primeiro
contacontos na biblioteca nesta 2ª avaliación adicouse a “Pedro e o lobo”. Participaron
os catro grupos de Infantil, distribuídos en luns e venres: venres 30 de
Xaneiro o grupo de 3 anos A, luns 2 de Febreiro o grupo de 4 anos, venres 6 de
Febreiro o grupo de 5 anos e o luns 9 de Febreiro o grupo de 3 anos B.
A actividade constou da manipulación libre de
libros adaptados á sua idade, da lectura-escenificación do conto, da
identificación das personaxes e unha ficha adaptada a cada grupo.
ENTROIDO 2015
ENTROIDOOOOO!!!!!
Canto traballaron os nosos rapaces!!! Que disfraces tan chulos!!! Ahí van as fotos, disfrutádeas!!!
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
O 30 de
xaneiro celebrouse un
acto no colexio co
fin de conmemorar o Día escolar
da non violencia e da paz.
Nesta ocasión os rapaces e
rapazas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de levalo a cabo e
expoñérllelo o resto do alumnado..
O alumnado de 2º comezou cunha breve
exposición sobre a figura de Gandhi, o recordo
dalgunha
das súas frases
máis célebres e unha reflexión sobre o
que é paz para eles e elas.
A continuación os
nenos e nenas de 1º fixeron unha lectura dramatizada sobre o libro “ A Galiña
azul”, de Carlos Casares.
Logo proxectouse unha curta
titulada “Chámome Paz”, que falaba da vida dunha nena nun país en guerra. A
dobraxe foi feita polo alumnado de 2º.
Despois os nenos e nenas de
1º recitaron un pareados que eles mesmos compuxeron.
Finalmente os rapaces e
rapazas de 1º e 2º interpretaron o poema
“Cantarola dos Nenos”, de Xosé Neira Vilas.
Para
rematar o acto, todos os nenos e nenas
do colexio cantaron a canción “Campás pola Paz”, de Migallas, que previamente
prepararon nas clases de música.
Os rapaces e rapazas de 6º tamén traballaron
en torno ao tema da paz no mundo
compoñendo
os seguintes murais:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)