3/11/2014

ANTROIDO 2014

O pasado 28 de febreiro celebramos o antroido no noso cole. 

Previamente ao día elaboraron algúns traballos de Educación Documental:






Ademáis, co motivo do 50 aniversario do colexio, houbo unha exposición de disfraces elaborados ao longo desas décadas:




Cada curso preparou o seus disfraces e actuacións, non puidemos facer o desfile por mor do tempo!!, pero si disfrutamos dunha festa no noso pavillón.




LENDO CON ROSALÍA...

O pasado luns 24 de febreiro, participamos nun programa de Radio Foz onde alumnado de 3º, 5º e 6º de primaria do noso cole realizaron lecturas relacionadas con Rosalía de Castro.







2/06/2014

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz. 
Para a conmemoración deste día todo o centro uníu o seus esforzos para traballar a educación documental co tema "A inmigración". O equipo de  biblioteca elixiu este tema porque temos unha porcentaxe significativa de alumnado procedente doutros países, polo que nos pareceu interesante investigar sobre o tema.

O traballo repartiuse da seguinte maneira entre os distintos cursos:

INFANTIL:

- Elaboración dun mural e unha árbore sobre a paz "Todos pola paz".
- Móbil de banderines con debuxos e palabras relacionadas coa paz.
- Coroas coa pomba da paz.

PRIMARIA:

- 1º curso: creacción literaria con mural decorativo.
- 2º curso: reflexións sobre a inmigración con debuxo e texto.
- 3º curso: mural con torbellino de ideas reflexionando sobre o por que da inmigración.
- 4º curso: murais con debuxos solidarios e textos.
- 5º curso: mural informativo sobre os países de procedencia dos alumnos do centro e mural con símbolos relacionados coa paz.
-  6º curso: mural con información recollida nos xornais sobre "La injusticia de la migración"
- Aula de inglés: mural informativo sobre Mandela, Ghandi, Luther King.
- Aula de plástica:debuxo da bola do mundo para o mural central da exposición, no que se sinalou os países de procedencia do alumnado inmigrante do centro.
- Aula de música: Traballo en torno á canción "Papeles mojados", de Chambao.

CELEBRACIÓN O DÍA 30 DE XANEIRO:
 
 Para conmemorar esta data o xoves 30 de xaneiro fixemos as seguintes actividades:
- O alumnado de infantil e 1º ciclo reunímolo no salón de actos nunha sesión despois do recreo, para o visionado de "cortos" relacionados co día da paz: "Un chocolate muy especial", "Flores sin fronteras" e "A guerra de las flores".
- O alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria reunímolo á segunda sesión da mañá no salón de actos para ver a película "Cadena de favores". O visionado deste film deu lugar a un posterior debate nas aulas de referencia.



ARTIGO EN EDUGA

Na revista galega do ensino "EDUGA" (número 66/ xullo - decembro 2013), temos publicado un artigo da nosa biblioteca titulado: "Coñecendo Foz pouco a pouco" un proxecto interdisciplinar desde a biblioteca no CEIP de Foz nº 1.

Aqui tedes o enlace:

ARTIGO EDUGA

11/29/2013

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, día mundial contra a violencia de xénero, os nosos rapaces traballaron nas súas aulas con diferentes aspectos para concienciar sobre ésta triste realidade. Cada aula tivo que elaborar un ou varios carteis relacionados, para colocalos nunha exposición final que situamos na entrada do edificio principal do colexio.
As tematicas traballadas foron as seguintes:
- 1º curso: "Que fago coa miña ira?".
- 2º curso: "Agresividade física".
- 3º curso: "O insulto".
- 4º curso: "Que fago coa miña rabia?".
- 5º curso: "Que é a violencia de xénero?".
- 6º curso: "Discriminación entre amenaza e dereito a pedir".