OS DE TRES ANOS VIÑERON COÑECER A BIBLIOTECA E VER ALGÚNS CONTOS, AOS DE CATRO ANOS LÉMOSLLES O CONTO DO "COELLIÑO BRANCO" E AOS DE CINCO ANOS "MAMÁ, TI SI QUE ME ENTENDES"
11/09/2012
10/24/2012
CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe celebramos o día das bibliotecas e é por iso que temos preparadas unha serie de actividades ao longo do día.Durante a mañá o voso titor pasaravos uns papeliños para contestar a unha pregunta moi sinxela "Por que les?", que logo utilizaremos para decorar a entrada da biblioteca.
No recreo temos preparados uns contacontos que serán realizados polos maiores do cole, e ademáis haberá sorteos con premios moi interesantes para todos os nenos que os veñan escoitar.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS A TODOS!
6/15/2012
EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS: VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este curso para conmemorar o "Día das Letras Galegas" adicado a "Valentín Paz Andrade", cos alumnos do terceiro ciclo fixemos unha "Torre" exposición co material elaborado a partir dun proxecto de educación documental sobre o autor homenaxeado.
4/25/2012
NOTA DE PRENSA
O martes 24 de abril, saíu publicado na contraportada do xornal "A voz da Mariña" unha nota de prensa onde recollía o teatro de pais e nais celebrado no noso centro (luns 23 de abril) pola conmemoración do "DÍA DO LIBRO".
DÍA DO LIBRO
O luns, 23 de abril, celebramos no cole "O DÍA DO LIBRO" cunha sesión de teatro moi especial, xa que nela participaron uns grans actores!!. Un grupiño de pais e nais animaronse e traballaron moitísimo (ensaios, decorados, vestiario, música...) para conseguir montar unha obra de teatro "O BELO DURMINTE".
Aos nosos rapaces encantoulles, incluso soubolles a pouco: "profe, xa rematou!! jo, só duro un minuto".
Dende a Biblioteca Escolar queremos darlles as grazas aos pais e nais polo traballo e por deleitarnos a todos cunha obra espectacular.
Preprarándose para a actuación... que nervios!!!!!
E porfín a actuación!!!!!!!!!!!!!!
E por último os nosos alumnos tamén quixeron participar cun teatrillo de guiñol no que as marionetas utilizadas, así como o ensaio da peza, as elaboraron na biblioteca.
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS E BOAS LECTURAS!!!!!
CONTACONTOS INFANTIL
Os nenos de Educación Infantil, durante o segundo trimestre, pasaron pola biblioteca para escoitar contos e facer actividades relacionadas con eles.
Leímos "Un can e un gato", "A sopa queima", "Contín, contón" e "Sopra neste furadiño".
Leímos "Un can e un gato", "A sopa queima", "Contín, contón" e "Sopra neste furadiño".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













