12/14/2011

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Como nova neste curso, comezamos coa figura dos "Axudantes de Biblioteca" nos recreos, onde alumnos voluntarios de 5º e 6º colaboran axudando nas tarefas de bibliotecario.


Dúas das máis asiduas axudantes. Seguide así!!

CONTACONTOS INFANTIL

Aquí van algunhas fotos das sesións que adicamos para contarlles contos aos máis pequerrechos do noso cole. Neste trimestre, e baixo o título de "contos clásicos", manexaron distintos contos dos de sempre e lémoslles algún deles. Tamén lles contamos contos actuais que fan referencia a estes clásicos como é o caso de "Troco" (Ed. OQO).

Disfrutade das imáxes!!!





11/25/2011

OS CONTOS CLÁSICOS

Nestas primeiras semanas de sesións de biblioteca adicámolas a aprender un pouco máis sobre os contos clásicos. Durante dúas sesións falamos sobre os contos clásicos e os autores, leímos algún conto,  e os rapaces, por grupos, buscaron información sobre un conto clásico e o seu autor, elaboraron unha ficha de recollida da información e lérona na ultima sesión de biblioteca.
Agora quedanos preparar un libro xigante para expoñer os seus traballos.






10/11/2011

BENVIDOS AO CURSO 2011 - 2012

HOLA AMIGUIÑOS!!! BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!

Estiven moi ocupado preparando as actividades para este curso (que seguro vos encantarán) e por iso aínda non  puiden escribrir nada.

Como xa sabedes (por que xa vos vin este ano pola biblio) ímos empezar o curso aprendendo moitas cousas sobre os contos clásicos.

Coñecedes algún?, non?, si? Pois... a buscar información!!!! que hai moito que aprender!

DEICA LOGO!

6/21/2011

DESPEDIDA DO CURSO

longo camiño percorremos neste curso, un ano de moito traballo e de moita ilusión no que intentamos mellorar a calidade da nosa biblioteca, onde os rapaces disfrutaron coas actividades, contacontos... nun espazo no que todos traballamos con moita ilusión.
Queremos agradecer o esforzo e apoio mostrado polos mestres, a gratitude e interese dos nosos alumnos e o apoio das familias que tanto colaborarón con nós, fomentando o gusto e goce pola lectura dos seus fillos e dos nosos alumnos (mochilas viaxeiras, bolsiñas de infantil...), e un especial agradecemento aos pais que puideron acudir no día do libro infantil e compartiron este espacio con nós facendo duns contacontos verdadeiramente moi especiais!

A todos vós: pais, nais, avós, alumnos e compañeiros,

MOITAS GRAZAS E BO VERÁN!!!!




5/03/2011

REMATE DO CÓMIC

Para rematar o trimestre do cómic fixemos unhas xornadas de cine, nas que o alumnado máis novo do cole viron cortos de debuxos animados de "Mortadelo e Filemón", e os máis maiores a película "Asterix misión Cleopatra". Foi todo un éxito!!!!

TALLER DO CÓMIC

Todos os alumnos de primaria viñeron á biblioteca para facer un taller de elaboración dun cómic. Démoslles un dosier para comprender as normas de elaboración  e logo fixeron unha actividade na que se convertiron en pequenos escritores de cómic elaborando unha pequena historia.