O mércores 25 varios alumnos e alumnas de 3°de ESO viñeron á aula de 6° de Primaria.
Falaron sobre igualdade e estereotipos sexistas nalgúns oficios. Con sopas de letras descubriron diferentes oficios tanto masculinos coma femininos.
Por último, elaboraron o mural da igualdade, con frases e debuxos alusivos á igualdade.
Outro grupo de alumnos estivo na aula de 5º de Primaria para falaren sobre problemáticas sociais como o racismo, a homofobia, o bullying...
Tiñan preparadas unhas actividades súper interesantes.
Foi unha bonita xornada de convivencia e aprendizaxe.
GRAZAS RAPAZAS E RAPACES!!!
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA OUTRA VISITA!!!




.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario