6/13/2025

FESTIVAL FIN DE CURSO

Un curso máis remata e nós facémolo con teatro.

O alumnado de 4º de Infantil, 1º Ciclo de Primaria e 5º tamén de Primaria agasalláronnos cunhas excelentes representacións teatrais.

Os nenos e nenas de Infantil escenificáronnos a canción "Fun ao mercado"-

A rapazada de 1º Ciclo representou a obra "A maxia dos contos".

As rapazas e rapaces de 5º deleitáronnos con "Miña nai... que cabezas".

1º fixeron unha representación para o alumnado e mestres do cole e seguidamente outra para as familias. 

As dúas presentadoras de 6º de Primaria dedicáronnos unhas bonitas palabras de despedida. Moitas grazas. 

GOZAMOS E APLAUDIMOS MOITO!!! 

 




 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario