6/09/2025

EXCURSIÓNS DE INFANTIL E DE 2º CICLIO DE PRIMARIA

O día 6 de xuño, o Equipo de Infantil fixo unha excursión para visitar O PARQUE DE BOMBEIROS de Barreiros. Ensináronlles as súas dependencias e o que máis lles gustou foi ver os camións coas sirenas, botar auga coas super mangueiras e subir ao cazo. Que valentes foron as mestra ao subir tan alto!

Merendaron todos xuntos e, como chovía, non puideron xogar no parque da vila. Iremos outro día!!! 

Ese mesmo 6 de xuño o alumnado de 2º Ciclo de Primaria, dúas mestras e un mestre visitaron MARCELLE. Parecía que o tempo non ía acompañar, pero foi aguantando e con boa temperatura. 

Viron un montón de animais e as monitoras contáronlles moitas curiosidades que descoñecían.

Comeron todos xuntos e pola tarde coñeceron a reserva do lobo, por onde deron unha estupenda camiñata aprendendo sobre ese e outros animais que estaban en semiliberdade.

FOI UN DÍA ESTUPENDO!!! 

 



 





Ningún comentario:

Publicar un comentario