11/05/2020

FORMACIÓN PARA AXUDANTES DE BIBLIOTECA

 Se te inscribiches no programa, como colaborador de biblioteca e/ou de radio, debes realizar o seguinte Kahoot no que desmostrarás os teus coñecementos sobre a nosa biblioteca escolar. Debes facelo antes do luns 9 de novembro.

Para entrar deberás cubrir os seguintes datos:

PIN: Darancho as mestras de biblioteca.

NICKNAME: Nome e apelidos.

ENLACE: Kahoot - formación para axudantes de biblioteca.

 

ÁNIMO!

10/30/2020

CONVOCATORIA PARA AXUDANTES DE BIBLIOTECA

 Formas parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Foz número 1?

Queres ser axudante de biblioteca?

Gústache a radio escolar?

Pois non o dubides máis!

Entra no seguinte enlace e inscríbete:

 

10/29/2020

PREMIADOS NO II CONCURSO DE PODCAST "RADIO NA BILBIO"

 

 Non podemos estar máis orgullosos!!

Acabamos de ser premiados no "II concurso de podcast - Radio na Biblio" convocado o pasado 13 de febreiro pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración con Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares.

Nesta ocasión, o programa realizámolo co alumnado de sexto do curso 19/20 (actualmente en 1º da ESO). Preparamos unha emisión especial de teatro radiofónico titulado "Auto do alugado ou encanto de Raboces" de Manuel María. Unha peza moi especial xa que a acción da mesma sitúase no Concello de Foz.

Tiñamos todo preparado e ensaiado, listo para gravar cando nos sorprendeu a corentena... así que, cada un dende a súa casa gravou a súa parte para poder montar o podcast e presentalo ao concurso.

Que sorpresa tan grande nos levamos!! Pena de non poder celebralo con eles! Verémonos seguro porque temos unha conta pendente con vós!

Aquí vos deixamos o podcast do que nos sentimos moi orgullosos. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!

10/26/2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe, os nenos de sexto de primaria ímos falarvos do día da biblioteca celebrado o 24 de outubro dende o 1997. Conmemórase este día por mor da destrucción da biblioteca de Sarajevo, no conflicto balcanico. Ésta destruíuse porque moitos tiranos como Hitler, viran nos libros unha fonte de franca oposición e mandaran queimalos en grandes fogueiras. Na realidade, é o que detonou a destrución de dita biblioteca.

Dende aquel día no que foi incendiada a biblioteca de Sarajevo, os membros da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" decidiron adoptar ese día para conmemorar e trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

Para conmemorar este 24 de outubro, nós, dende o cole, e tendo en conta a situación de pandemia que estamos a vivir e as medidas que temos que cumprir, queriamos ensinarvos a nosa biblioteca e o protocolo de uso da mesma. Dicirvos que o vídeo que gravamos está feito con todas as medidas de protección e seguridade; nos momentos nos que aparecemos sen máscara, tentando que se nos escoitase ben, foron gravados de xeito individual, sen ninguén ao noso carón. Esperamos que vos guste.

 

 A NOSA BIBLIOTECA E O PROTOCOLO COVID


10/18/2020

ENTREGA DE PREMIOS

Como sabedes... tiñamos unha conta pendente cos nosos premiados no concurso "Contos de aquí e de acolá", proposto pola biblio en tempo de cuarentena. A semana pasada fixemos a entrega dos mesmos ademais de un pequeno detalle para os nosos colaboradores de biblioteca do curso pasado.

PREMIADO NA MODALIDADE B: ENEKO DOVALE PÉREZ


PREMIADA NA MODALIDADE C: PAULA MANÍN RODRÍGUEZ



ACCÉSIT: AROA DOVALE PÉREZ

OS NOSOS COLABORADORES DE BIBLIOTECA




9/22/2020

PREMIO - AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os nosos axudantes de biblioteca están de noraboa!

Fomos un dos dez centros premiados dun total de 88 memorias presentadas, polo traballo realizado no programa de "Voluntariado de lectura-A".

Neste curso, os nosos colaboradores disfrutarán do premio que consistirá nun obradoiro especializado.

                                      NORABOA RAPACES!!!!