10/29/2020

PREMIADOS NO II CONCURSO DE PODCAST "RADIO NA BILBIO"

 

 Non podemos estar máis orgullosos!!

Acabamos de ser premiados no "II concurso de podcast - Radio na Biblio" convocado o pasado 13 de febreiro pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración con Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares.

Nesta ocasión, o programa realizámolo co alumnado de sexto do curso 19/20 (actualmente en 1º da ESO). Preparamos unha emisión especial de teatro radiofónico titulado "Auto do alugado ou encanto de Raboces" de Manuel María. Unha peza moi especial xa que a acción da mesma sitúase no Concello de Foz.

Tiñamos todo preparado e ensaiado, listo para gravar cando nos sorprendeu a corentena... así que, cada un dende a súa casa gravou a súa parte para poder montar o podcast e presentalo ao concurso.

Que sorpresa tan grande nos levamos!! Pena de non poder celebralo con eles! Verémonos seguro porque temos unha conta pendente con vós!

Aquí vos deixamos o podcast do que nos sentimos moi orgullosos. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!

2 comentarios: