Na seguinte presentación podedes disfrutar dos traballos realizados para conmemorar o "Día de Rosalía".
3/04/2021
2/16/2021
ENTROIDO 2021
Nun curso tan "estraño" coma este... o entroido non ía ser menos... pero por iso, non deixamos de perder a ilusión e disfrutalo.
Así o venres día 5, un "personaxe" apareceu no cole cuns mandados aos que tiñamos que obedecer...
Foi diferente, pero pasámolo ben!
1/31/2021
A DISCAPACIDADE
A discapacidade é a limitación dalgunha facultade física ou mental que imposibilita ou dificulta o desenvolvemento normal da actividade dunha persoa.
O día Internacional das persoas con Discapacidade é o 3 de decembro.
Nós, no cole, por diversas circustancias non puidemos expor nesa data os traballos realizados xa que seguimos traballando neso posteriormente.
Cando consideramos que todo estaba listo, recopilámolos e fixemos a seguinte montaxe para visibilizar o bo facer do noso alumnado e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de integración das persoas que teñen algunha discapacidade.
En 5º e 6º de primaria, íamos traballar a temática con Marisol Bravos, persoa discapacitada e colaboradora de AUXILIA Lugo: asociación de voluntariado que ten como obxectivo a integración das persoas con discapacidade e enfermos de longa duración. Dita visita tivo que quedar adiada por mor da pandemia e agardamos que para a primavera podamos disfrutar da súa visita.
VÍDEO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
1/29/2021
DÍA DA PAZ - 2021
Ás veces preguntámonos.... por que se celebra o 30 de xaneiro o día da Paz?
O día escolar da non violencia e a paz, é unha observación fundada polo poeta español Llorenc Vidal, en Mallorca en 1964. Como punto de partida e apoio a unha educación pacificadora e non violenta, de carácter permanente.
Quen foi Gandhi?
Mohandas Karamchand Gandhi, máis coñecido por Mahatma Gandhi nado o 2 de outubro de 1969 foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influínte defensor do principio da non agresión, como forma non violenta de protesta e como un medio de revolución.
Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias.
Nós, este curso conmemoramos esta data bailando por aulas "A polca da paz".
Esperamos que vos guste!
1/22/2021
OBRADOIROS CON PAOLA GUIMERÁNS
O luns día 18 de xaneiro, Paola Guimeráns estivo no noso centro para realizar varios obradoiros maker: E-Téxtiles, electrónica e makey makey.
Os talleres foron destinados ao alumnado de 5º e 6º de primaria polo premio acadado do Voluntariado de Lectura - A do curso pasado.
Realizáronse ao longo de toda a mañá nas que disfrutaron de dúas sesións por curso. Unha delas na biblioteca e outra na aula.
1/12/2021
NOVO PROGRAMA - RADIO NA BIBLIO
Aquí temos o 15 programa de "Chicharriños nas Ondas". Nesta ocasión, o alumnado de quinto de primaria, investigou e elaborou o programa sobre que é o coronavirus e outros aspectos relacionados.
Aqui van algunhas fotos do proceso de gravación:
12/19/2020
GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL
Aí van as recomendacións para estas vacacións, esperamos que disfrutedes moito con elas!



























