A discapacidade é a limitación dalgunha facultade física ou mental que imposibilita ou dificulta o desenvolvemento normal da actividade dunha persoa.
O día Internacional das persoas con Discapacidade é o 3 de decembro.
Nós, no cole, por diversas circustancias non puidemos expor nesa data os traballos realizados xa que seguimos traballando neso posteriormente.
Cando consideramos que todo estaba listo, recopilámolos e fixemos a seguinte montaxe para visibilizar o bo facer do noso alumnado e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de integración das persoas que teñen algunha discapacidade.
En 5º e 6º de primaria, íamos traballar a temática con Marisol Bravos, persoa discapacitada e colaboradora de AUXILIA Lugo: asociación de voluntariado que ten como obxectivo a integración das persoas con discapacidade e enfermos de longa duración. Dita visita tivo que quedar adiada por mor da pandemia e agardamos que para a primavera podamos disfrutar da súa visita.
VÍDEO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario