10/23/2026

MANDADOS DE SAMAÍN

 Chegan os mandados de Samaín!!!

A vindeira semana imos celebrar o samaín dunha maneira moi especial, seguindo o fío do noso PDI deste curso: A maxia.

Ao longo da semana, chegarán os mandados de Samaín, que nos indicarán como debemos vir disfrazados/as ao cole cada día.

Haberá que estar moi atentos, porque cada día publicaremos o mandado correspondente ao día seguinte.

Hoxe descubrimos o primeiro mandado: o do luns!

Estade moi pendentes e preparade os vosos disfraces... A maxia está a piques de comezar!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario