Imos rematando o mes decembro e con el o traballo académico, as notas, as decoracións e as actuacións no Festival de Nadal.
Neste festival, actuou o seguinte alumnado (o día 17 para o alumnado e mestres do cole e o 18 para as familias do alumnado):
4º de Educación Infantil fíxonos rir cunha canción titulada "Soy un muñeco de nieve".
O alumnado de 1º de Primaria representou a peciña titulada "A festa máis bonita".
Seguidamente 3º de Primaria agasallounos con "Divertímonos coa publicidade".
Despois disto actuou 4º de Primaria cunha obra titulada "Xuízo a Papá Noel".
Por último 5º de Primaria representounos "Esspreso Navideño".
GOZAMOS MOITO!!! NORABOA E GRAZAS!!!
BOAS VACACIÓNS E BO ANO 2026
Ningún comentario:
Publicar un comentario