5/20/2025

LETRAS GALEGAS

AS CANTAREIRAS nas que a RAG personificou este ano a homenaxe do día das Letras Galegas son: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). As coplas, as cantigas, toda a tradición oral, as gorxas destas mulleres e doutras moitas salvaron o Galego do inferno cando non se podía escribir.

Elas traballaban e cantaban sen cuestionar a súa fala, sen mallar nos pensamentos nin nos prexuízos. Eran sabias e sostiveron mellor que ninguén o país que somos. O galego necesita máis fala, máis vida na rúa, máis música, máis coplas, máis alegría e máis foliada que o empurre. Non hai vida se non hai lingua para cantar. 

Durante o mes de maio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS fixemos varias actividades:

  • O alumnado de Infantil traballou as diferentes actividades propostas polo Seminario Galán.
  • O alumnado de 6º escribiu cantigas tradicionais e ilustrounas para expoñer no mural. Tamén leron as biografías das mulleres homenaxeadas e fixeron resumos das mesmas. Escoitaron variadas cantigas tradicionais. Fixeron unha escolma das actividades propostas polo Seminario Galán.
  • Na área de Plástica, as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º elaboraron diferentes elementos relacionados coas cantareiras para pendurar do teito.

 


  • Montamos unha exposición recreando traxes, xoiería, instrumentos musicais...
    LETRAS GALEGAS 2025

 

  • Todo o alumnado do centro decorou marcadores de punto de lectura para repartir polas librarías locais e agasallar con eles a compra de libros. 

  • O día 16  reunímonos todo o colexio, no salón de actos:

Dúas nenas e un neno de 6º, "axudantes de biblioteca", presentaron o traballo documental sobre AS CANTAREIRAS.

VER AQUÍ  →  CANTAREIRAS

O grupo de cantareiras de Foz A SUBELA actuou no noso colexio.

 

 
 
  • No PFFP de Polos Creativos deseñaron coa cortadora laser uns imáns chulísimos para agasallar a todo o alumnado e mestres do cole.

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario