3/05/2025

O ENTROIDO

Un curso máis, o alumnado do CEIP P. de Foz Número 1, os seus mestres e mestras disfrazáronse o venres 28 de febreiro de personaxes de diferentes contos e desfilaron por varias rúas da vila:

  • O alumnado de Infantil disfrazouse de frautistas, ratiñas e ratiños
  • 1º e 2º de Primaria inspiráronse no conto "Os tres porquiños".

Este alumnado de 1º e 2º de Primaria, como complemento do seu disfraz de Entroido, recortou e compuxo os tres tipos de vivendas dos protagonistas do conto "Os tres porquiños", creando así a urbanización "Os tres porquiños".

  • 3º e 4º de Primaria disfrazáronse de "Monstros de cores". 
  • E, para rematar, as rapazas e rapaces do 3º Ciclo de Primaria sorprendéronnos cunha excelente manda de dálmatas.

 Excelente traballo!!! 

A ANPA propuxo un concurso de caretas: cada nena e neno levou unha para decorar e ao final expuxéronse no patio cuberto.

Tamén deseñou o cartel para OS MANDADOS DO MECO durante a semana do 24 ao 27 de febreiro e que cada neno trouxera o disfraz acorde a estes mandados. O xoves tiñan o disfraz completo.

 Quedou todo chulísimo!!!.

Este curso contamos coas visitas da RAÍÑA DO ANTROIDO FOCENSE E AS SÚAS DÚAS DAMAS DE HONRA.


Grazas pola vosa visita. 































ENTROIDO de Bibliochicharrón Foz

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario