O 25 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi o encargado de preparar esta conmemoración para compartila coa comunidade educativa do cole.
Seguindo a súa proposta e coa colaboración de todos os cursos elaboramos un chulísimo mural no recibidor.
Ao chegarmos este día, reunímonos no patio cuberto onde un alumno de sexto leu un texto informando do motivo desta conmemoración:
Bos días.
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. O alumnado de 5⁰ e 6º fixeron dous murais. No primeiro colaboraron todos os nenos e nenas do cole coloreando pés e reflexa o desexo que todos temos de que neste asunto tan grave se vaia cara adiante, que non se retroceda no conseguido.
No segundo, están os nomes de todas as mulleres que no noso país morreron a mans das súas parellas ou exparellas. Quixemos rendirlles unha sinxela homenaxe.Tristemente hoxe tivemos que engadir a esta lista a María de 46 anos asasinada pola súa parella este fin de semana en Estepa, Sevilla.
FInalmente, as compañeiras de 5⁰ e 6⁰ bailaron mentres soaba de fondo a canción " Ni una más", da cantante Aitana.
Ogallá se cumpla o noso desexo e tal como dí a letra da canción ningunha muller máis volva a morrer dese xeito tan violento.
A continuación, un grupo de nenas do Ciclo, bailaron ao son da canción "Ni una más" de Aitana.
Agardamos non ter que engadir ningunha máis á listaxe das recordadas este ano 2024.
Ningún comentario:
Publicar un comentario