1/30/2023

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "SALGADO TOIMIL"

O día 20 de xaneiro o alumnado de Educación Infantil, acompañados dos seus mestres, visitaron a Biblioteca Municipal.

Alí recibiunos Marta, a bibliotecaria. Mostroulles contos en diferentes formatos, explicoulles como teñen os libros clasificados, como deberían coidalos e leulles "O polo Pepe".

Seguidamente manipularon diversos contos.

Gustoulles moito.

Grazas Marta pola túa atención.


INFANTIL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL de Bibliochicharrón Foz

Ningún comentario:

Publicar un comentario