11/11/2019

FORMACIÓN PARA AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O pasado luns 4 de novembro, realizamos a sesión de formación para axudantes de biblioteca entre o alumnado de quinto e sexto de primaria que o solicitaron.
Nesta formación participaron aqueles alumnos que entran por primeira vez como colaboradores voluntarios de biblioteca. Por suposto, despois de "aprobar" o exame de biblio... tiveron que firmar o contrato correspondente.

O noso alumnado amósase entusiasmado por participar neste programa, tal e como reflexa a alta demanda. Ademáis, este ano preséntase como novidade a figura de "Colaborador de Radio na Biblio". En resumo, dun total de 31 alumnos de quinto e sexto de Primaria, temos para o presente curso escolar 22 "Axudantes de Biblioteca" e 23 "Colaboradores de Radio na Biblio".

Con estas actividades, o noso centro é o terceiro curso que participa no programa promovido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, "Voluntariado de lectura - A".

Aí vai una selección de imaxes da sesión de formación:












Ningún comentario:

Publicar un comentario