2/26/2019

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o "Día de Rosalía", dende o Equipo de Biblioteca preparamos diferentes actividades donde os nosos axudantes de biblioteca foron os protagonistas.

As actividades foron as seguintes:

ROSALÍA NA RADIO ESCOLAR: 
A primeira das actividades foi a gravación dun programa especial de Radio Escolar adicado a Rosalía de Castro. Nel participaron os axudantes de sexto curso de primaria. A gravación fíxose en días previos para poder escoitalo nas distintas aulas.



ROSALÍA NAS AULAS: 
Outras das actividades consistíu na lectura, polas distintas aulas do centro, de dous poemas: "Airiños, airiños, aires" e "Adiós ríos, adiós fontes" (este último dun xeito moi especial...), cunha pequena introducción da biografía da autora. Neste caso foron os axudantes de quinto de primaria os encargados da súa realización.










ROSALÍA NA RÚA:
Finalmente, os axudantes de sexto de primaria, acudiron á rúa para realizar en directo o programa de radio, onde leron a biografía da autora e recitaron varios poemas. Ademáis estivo amenizado por un cuarteto do grupo "Andaravío" de Foz, aos que dende aquí lles damos as grazas.












Ningún comentario:

Publicar un comentario