6/23/2023

FESTIVAL FIN DE CURSO

O curso está dando os seus últimos coletazos e xa non queda nada para as vacacións de verán.

E que mellor despedir o curso con teatro, desfrutando coas actuacións dos rapaces e rapazas que levan semanas ensaiando para que todo saia perfecto.

Os nenos e nenas de 4º de Infantil cantáronnos a canción "A abuela Manuela".

O alumnado de 6º de Infantil interpretaron a obriña "A ledicia dos animais".

1º e 2º de Primaria escenificaron "O frautista de Hamelím".

5º de Primaria puxo o punto final con "Pirata".

Gustounos todo moitísimo. 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO de Bibliochicharrón Foz

GRADUACIÓNS

Un curso máis tivemos graduacións en 6º de Infantil, o 20 de xuño, e de Primaria, o 14 tamén de xuño.

En ámbalas dúas foi o alumnado máis novo o encargado de entregar os diplomas.

Foron dous actos moi entrañables no que nos acompañaron os pais dos alumnos graduados.

Que vos vai moi ben na nova etapa e que voedes moi alto!!!!!!!.

 





6/16/2023

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

 Como cada mes de xuño elaboramos unha guía con recomendacións lectoras para o verán e poder complementar eses días de xogos e praia.

Esperamos que vos gusten algúns deses libros.

 

BO VERÁN!!!!!


GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023 de Bibliochicharrón Foz

CONCURSOS

 Coma todos os anos, no cole participamos en varios concursos e sempre acadamos algúns premios.

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE "O NADAL"

Convocado polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán de Begonte.

Acadaron segundos premios dous alumnos do 1º Ciclo de Primaria:

Antonio Maseda Díaz

Kenya Lousas da Costa 

E tamén de 6º de Infantil:

Jaime Fernández Cuervo


CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023:

Jimena Castro Serrano acadou o 3º premio da fase local, categoría A. Dito concurso convocouno a Biblioteca Pública de Lugo sobre o tema "Libros para xogar, libros para vivir".

Este debuxo participa na fase provincial.



MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL NA CATEGORÍA INFANTIL-1

Neste concurso convocado por La voz de Galicia, acadaron o 1º e o 2º de 1º de Primaria:

Vera Posada Fernández, con "Unha noite de terror en Tui".

Eire García Fernández, con "O futuro militar da princesa Leonor".

 



 

CERTAME TERRACHÁ DE CREACIÓN INFANTIL E XUVENIL

Tivemos gañadores de 1º Ciclo:

Gael Santos Currás

Carmela Río Gabín

Anwar Choraifi Salmi 

David Starviala

Leire Alejos Díaz

Aldara Sánchez Rodríguez

E de 3º Ciclo tamén:

Nuno Moreda Currás 

 

NORABOA A TODOS!!!!!!!


 



6/09/2023

OBRADOIRO - BIBLIOTECA CREATIVA

 Hoxe, venres 9 de xuño, tivemos a sorte de contar novamente con Paola Guimeráns na nosa biblio; especialista en aulas de inovación tecnolóxica, STEAM. Obradoiro que realizamos grazas á dotación económica recibida no centro pola participación no programa "Bibliotecas Creativas".

Nesta ocasión, formou á rapazada de quinto e sexto de primaria na introdución ao uso da placa "microbit", coas que esperamos contar para o curso que ben, aportando novos materiais ao noso "Espazo Maker". Tamén nos falou das aplicacións e uso desta placa, a creación de E-Téxtiles e moitas ideas que recollemos e utilizaremos.

Un pracer e unha honra contar coa súa presenza!






 


6/08/2023

MEDIO AMBIENTE EN INFANTIL

O 5 de xuño para celebrar o día do Medio Ambiente os nenos e nenas de  Educación Infantil plantaron cadanseu xeranio e colocáronlle unha bonita etiqueta na maceta.

Recordemos:

 TODOS OS DÍAS DEBEMOS COIDAR O NOSO MEDIO PARA ASÍ COIDAR E PROTEXER O NOSO PLANETA.

                                       XUNTOS PODEMOS!!

 

Medio Ambiente en Infantil de Pepu

6/07/2023

A SOSTIBILIDADE EN 6ºA

O alumnado de 6ºA segue co compromiso de coidado medioambiental e vendo o lixo que queda os días de mercado decidiu tomar cartas no asunto.

Elaborou unha campaña de concienciación para os comerciantes dos distintos postos de dito mercado.

Empezaron por escribir un manifesto:

Facer copias e enrolar cada unha ben bonita:

 

 


Ir ao mercado e entregarlle unha a cada posto, xunto coa charla correspondente de concienciación: