9/18/2014

BENVIDOS AO CURSO 2014/2015

Ola a todos e benvidos un ano máis a un novo curso escolar!!!

Dende a biblioteca do cole intentaremos facer novas actividades que vos gusten e vos fagan disfrutar da lectura, ademáis de seguir coñecendo cousas do noso concello a través do proxecto "Coñecendo Foz pouco a pouco".

Gracias rapaces por facer da nosa biblioteca un lugar moi acolledor onde as vosas mentes poden viaxar aos lugares máis dispares a través da vosa imaxinación e das historias que nos contan os libros!!!

5/02/2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

Por segundo ano consecutivo, e tras experimentar un éxito coa actividade no curso pasado, decidimos repetir a actividade dos "Apadriñamentos lectores" para conmemorar o "Día internacional do libro".
A actividade resultou tan conmovedora como a anterior. Os nenos de 2º e 3º ciclo apadriñaron aos pequenos do cole léndolles un contiño e os pequenos agasallaron aos seus padriños con un punto de lectura decorado por eles.
A actividade realizouse na cuarta sesión da mañá, unha vez rematada a lectura do conto xogaron xuntos, pequenos e maiores, coidando moi ben os padriños aos seus afillados.
Ahí van as imaxes!!