6/03/2024

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE

 O xoves, 30 de maio, o escritor, ilustrador e pintor galego, Pablo Otero "Peixe", visitou o noso centro onde impartiu un Obradoiro de Creatividade para todo o alumnado, tanto de Educación infantil como de primaria.
Para o alumnado de 1⁰, 2⁰, 3º e 4º de Primaria a actividade consistiu en crear un personaxe fantástico do mundo animal con distintos materiais de refugallo - caixas, envases, tapóns, botóns, lazos, las, teas, xoguetes vellos, roupa, ...- aportados polos propios nenos e nenas e mailo profesorado.
Os nenos seleccionaron os materiais, debuxaron, pintaron, recortaron, pegaron, ...e elaboraron de maneira individual un ser fantástico do mundo animal ao que lle puxeron un nome.
A continuación cubriron unha " Ficha de Zooloxía mundial" cos seguintes datos:
Cómo se chama?
A qué familia pertence?
De onde vén?
Cal é o seu hábitat?
Qué come?

Breve descrición do seu comportamento (manías, historia, lendas, cousas que lle gustan,...)
Esta actividade lúdica e creativa pode servir para que os nenos e nenas constrúan os seus propios xoguetes e inventen e creen novos contos e historias con personaxes fantásticos.

 








 






 

Tamén con materiais de refugallo, o alumnado de Infantil, coa axuda dos mestres, intentaron facer adornos para colgar nun trebello feito con paus e la.











 
5° e 6° de Primaria neste obradoiro de creativas  fixo un xogo colaborativo onde había diferentes probas de cultura xeral, baile, teatro...
 




A actividade matívonos entretidos toda a mañá.

6/02/2024

EXCURSIÓN A LUGO

 O 31 de maio, as rapazas e rapaces de 1º e 2º de Primaria, xunto cos seus titores e a mestra de Educación Física, visitaron a cidade de Lugo: o Museo Provincial e un gran percorrido a pé pola muralla.

Remataron a xornada xantando e xogando no parque Rosalía de Castro. 

Foi unha xornada moi interesante da que gozaron moito.






















5/29/2024

COÑECENDO SENEGAL

 Hoxe tocou saber un pouco máis de Senegal, o país de onde é orixinario o noso compañeiro Cheikh.
A súa nai preparou para nós un saboroso arroz con carne e langostinos que degustamos encantados. Tiña un punto picante que o facía delicioso, aínda que non a todos lles gustou.
Logo, Cheikh amosounos fotos do lugar onde vivía. Fíxonos moito aquel velo pequerrecho!!! Tamén proxectou un vídeo dunha festa que se celebra na súa comunidade cada vez que hai un nacemento. E, para rematar, bailounos ao ritmo da música da súa terra. 

Resultou unha actividade moi interesante.

 











 

EXCURSIÓN INFANTIL AO CENTRO DE FORMACIÓN DO CONSUMIDOR DE VEGADEO

 O pasado venres, 24 de maio, o alumnado de Educación Infantil e os seu profes fixeron unha saída ao "Centro de Formación del Consumidor" de Vegadeo. Recibiunos Montse. Explicounos moitas cousas sobre as froitas. Fomos de compras ao seu "magnífico" supermercado. Decoramos gorros de cociñeiros e servilleteiros. Con mandil e todo, lavamos e cortamos as froitas, preparamos zume de laranxa e de limón e... con todo isto, elaboramos unha riquíiiisima macedonia de temporada!!!!!!!!!

Que boísima estaba, non quedou nadiña!!!!!!

Grazas Montse por axudarnos a pasar unha mañá tan agradable e entretida.

Ata outra!!!!!