5/28/2024

CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA

 O día 28 de maio A Escola de Música ofreceunos un concerto na sala Bahía para facernos partícipes do seu traballo e fomentar o interese dos nenos e nenas en formar parte desa Escola. Alí acudimos todo o alumnado do Centro xunto coas súas mestras e mestres  de 10:00 a 11:00 da mañá. Escoitamos a súa música e bailamos tamén.

Gustounos moitíiisimo.

 







 












 



 

5/27/2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Este curso conmemoramos AS LETRAS GALEGAS elaborando por titorías os seguintes "puntos de lectura" que repartimos polas librarías da contorna para que agasallaran con un cada compra realizada a fin de semana das Letras Galegas.

Tamén se traballou por titorías a autora homenaxeada: Luísa Villalta Gómez.









Quedaron moi chulos.

5/23/2024

PODCAST - LUISA VILLALTA

 Coma todos os anos, o cole participou unha vez máis no “Concurso de Podcast Radio - na biblio”, no que vai pola súa sexta edición. O alumnado de sexto fomos os encargados da súa elaboración. Comezamos cunha investigación sobre a autora para pasar a creación do podcast no que falamos sobre Luisa Villalta Gómez. Ocorréusenos simular como se fose unha clase; así, un de nós fixo de profesora e os outros nenos de alumnos, creando un coloquio na aula centrándonos na súa vida e extensa obra.

Esperamos disfrutedes da escoita!

 





5/22/2024

COÑECENDO PERÚ

 Para que puidésemos saber un pouco máis de Perú, o país do cal é orixinario o noso compañeiro Josué, presentounos un vídeo con imaxes de lugares destacados, así como das comidas e mesmo da flora e da fauna do lugar de onde vén. Logo, mostrounos fotos de distintos momentos da súa vida, para rematar degustando uns pratos e unha bebida que a súa nai preparou para nós.
Preparounos un arroz con pito e unha crema de huankaina para acompáñalo, seguido de dous pratos tamén de arroz, arroz con leite e mazamorra e arroz zambito.
Para beber tomamos chicha morada. 

Todo estaba moi saboroso. 

Foi unha experiencia moi interesante. 

Moitas grazas a Josué e a súa familia.

 






 






5/16/2024

NAVEGA CON RUMBO

 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia ten o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Ésta é unha iniciativa con recomendacións encamiñadas a que o alumnado dos centros escolares de Galicia naveguen con seguridade, eviten o ciberacoso e outros riscos de Internet.

O xoves, 16 de maio, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha charla relacionada con "Navega con rumbo pola internet" para intentar conciencialos da necesidade de facer un uso responsable da tecnoloxía e adquirir boas experiencias e novos coñecementos. A Internet é divertida e útil.

Gustoulles moito.

 






5/15/2024

EXCURSIÓN A A CORUÑA

 O día 3 de maio, a rapazada de 1º e 2º de Primaria foi de excursión a A Coruña.

Iniciaron o programa no Acuarium Finisterrae e, aproveitando o seu comedor con vistas ao mar, xantaron alí.

Pola tarde foron xogar ao parque de Santa Margarita e seguidamente entraron á Casa das Ciencias, onde interactuaron con multitude de aparellos. Alí visitaron o Planetario e visualizaron unha peli relacionada co Universo e o coidado da natureza.

E, para finalizar, merendaron antes de saír.

Gozaron un montón. 

 

 
















ESCENIFICACIÓN NA CASA DA CULTURA

 A Biblioteca Municipal invitou, o día 14 de maio, na casa da cultura, ao noso alumnado de 2º e 3º de Primaria a unha escenificación sobre a vida e obra de Luísa Villalta, escritora homenaxeada no día das Letras Galegas.

Moitas grazas.