Por que o 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz?:
A elección deste día débese a que é a data na que morreu en 1948 Mahatma Gandhi, líder da India e considerado como a principal figura do pacifismo no mundo.
No noso colexio celebrámolo de varias maneiras:
- Exposición de recursos "LEMOS POLA PAZ".
- O alumnado de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria traballaron o conto "O LIBRO DA PAZ" de Todd Parr. A partir das súas imaxes os nenos colorearon debuxos e texto para responder á pregunta "QUE É A PAZ?". Rematouse o traballo cun gran mural.
- Os nenos e nenas de Segundo Ciclo reflexionaron sobre o que é a PAZ para eles no seu día a día.
- O rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º, en Plástica elaboraron un "TENDAL POLA PAZ", con lemas en camisetas de papel.
- O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural a partir dunha cita de BOB MARLEY. Primeiro falaron dos conflitos armados que hai na actualidade no mundo, viron algunhas curtas sobre a resolución de conflitos e tamén sobre a migración.
- Todo o cole participou na elaboración dun vídeo pola paz! ENLACE PARA VER
TRABALLAMOS EN PAZ de Bibliochicharrón Foz
MAGNÍFICO TRABALLO!!!!!!!! NORABOA!!!!!!!!

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)







.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

