A continuación podemos ver as distintas actividades que o alumnado de 3º e 4º realizou ao longo do curso en relación ao PDI anual: A SOSTIBILIDADE.
Sostibilidade 3º e 4º de Marisa Docobo
A continuación podemos ver as distintas actividades que o alumnado de 3º e 4º realizou ao longo do curso en relación ao PDI anual: A SOSTIBILIDADE.
Este proxecto nace dende o PDI de centro proposto para o curso 2022/2023, baseado na sostibilidade no camiño. Partindo deste punto, dende o programa de "Radio na Biblio", propúxose ao alumnado facer un traballo relacionado coa sostibilidade e a nosa contorna. O alumnado, tendo en conta a temática, quixo facer un traballo cunha finalidade, promocionar a súa Vila e facer que a poboación estea máis concienciada no coidado da mesma, conseguindo que sexa sostible e que podan vivir e desfrutar dela.
A partir deste momento, os dous sextos diverxeron en dous proxectos que se complementarían. Así elaboraron cadanseu tríptico e díptico informativo con enlaces e códigos QR para atopar máis información:
- TRÍPTICO: información turística e mapa con puntos de interese turístico, gravaron podcast sobre cada un destes lugares a visitar, así como a realización de entrevistas ao alcalde para fomentar o coidado da nosa contorna. Fixeron unha campaña de concienciación no mercado para fomentar a reciclaxe e evitar tirar o lixo ao chan e que se vaia ao mar. (Enlace tríptico)
- DÍPTICO: con información sobre o "feísmo",significado deste término e imaxes desta problemática no noso Concello. Inclúen podcast con entrevistas que fixeron na rúa e tamén ao alcalde, preguntado sobre o coñecemento desta situación e como se podería mellorar. (Enlace díptico)
Ambos traballos están incluídos en dous "Genially" ao que se pode acceder dende os QR publicados nos folletos informativos.
A finalidade deste traballo e co que se quedaron estes alumnos, é no sentimento de querer unha vila limpa e coidada, e para iso, son conscientes de que eles teñen que ser parte do cambio.
Axúdaslles?
O venres 26 de maio o alumnado de Educación Infantil, xunto cos seus mestres e mestras puido realizar o ROTEIRO DE LOURENZÁ adicado a Francisco Fernández del Riego. Viaxaron en autobús ata a vila. Aprenderon sobre a vida de Don Paco paseando polas rúas da súa infancia e viron a fachada da casa onde naceu.
Visitaron o recuncho das argalladas, un espazo lúdico cheo de xoguetes tradicionais: DON PACO PÍCARO ARGALLEIRO.
Puideron entrar no Centro de interpretación da faba e visitar "o sartego" no mosteiro de San Salvador.
Asemade, convertéronse por un tempiño en peregrinos facendo un pedaciño do Camiño Norte que pasa polo pobo, recalando no albergue ao que puideron entrar.
Remataron a xornada co xantar na vila e con xogo libre.
Un día moi ben aproveitado.
Grazas a Justi, guía, pola súa axuda y colaboración.
Hoxe, 22 de maio e por xentileza da editorial Xerais, visitounos o contacontos Benxamín para que o alumnado de Infantil, 1º e 2º gozara do seu bo facer contando historias.
Gustoulles moito.
O Concello de Lourenzá, en homenaxe a Francisco Fernández de Riego, creou un roteiro literario que percorre as rúas, os escenarios orixinais e emblemáticos da súa nenez.
O alumnado de 3º e 4º foi percorrelo o xoves 4 de maio.
O alumnado de 5º e 6º foi o día 9 de maio.
O alumnado de 1º e 2º percorreuno o día 10.
Nas aulas tamén se fixeron actividades moi interesantes.
Elaboráronse "puntos de lectura" que se repartiron polas librarías para agasallar ás persoas que merquen libros por estas datas.
O Día de Europa é unha celebración que ten lugar cada 9 de maio na Unión Europea, en recordo da denominada Declaración Schuman na que o Ministro francés de Exteriores deu o primeiro paso para a integración dos Estados Europeos ao propoñer que o carbón e o aceiro de Alemaña e Francia se someteran a unha administración conxunta, impulsando así
A PRIMEIRA COMUNIDADE EUROPEA.
Este curso foi o alumnado de Infantil o que preparou o mural xeral, coa colaboración de todo o alumnado do Centro, para visualizar esta data a toda a Comunidade Educativa.
O mércores 3 de maio, visitáronnos dúas matronas (Sara e María) para darlles unha charla a 6º de Infantil e a 4º de Primaria, en dúas sesións, sobre sexualidade dende o punto de vista do autocoñecemento, o respecto e a normalidade. Intentaron facerlles comprender que o corpo é "noso" e só nós decidimos sobre el.
Amosáronnos, con imaxes, vídeos e xogos e moito material que traían elas, os cambios que experimentan as nenas ao converterse en mulleres e os nenos ao converterse en homes.
O que máis gustou foi descubrir todo o proceso de "como nacemos" e vimos ao mundo.
Faláronlles da fecundación, o embarazo e o parto.
En 6º de Infantil ata fixeron debuxos do moito que lles gustou.
Esta formación afectivo-sexual foi a cargo de matronas do Colexio de Enfermería de Lugo. A través dun convenio asinado entre a Fapacel Lugo e o Colexio de Enfermería de Lugo. As ANPAS asociadas poden solicitar esta formación e levala aos coles.