Ésta é a guía de lecturas recomendadas para éstas vacacións.
Agardamos que sexan do voso agrado.
GUÍA DE LECTURA NADAL 2022 de Bibliochicharrón Foz
Ésta é a guía de lecturas recomendadas para éstas vacacións.
Agardamos que sexan do voso agrado.
Durante o mes de novembro, para conmemorar o mes da Ciencia, estivemos recompilando información de mulleres que destacaron na Ciencia, tamén daquelas que traballan e teñen titulacións relacionadas con este campo e son familiares dalgún membro da nosa Comunidade Educativa - nais, tías, avoas, fillas...
Con toda a información elaboramos un mural titulado "AS NOSAS MULLERES", un "ABECEDARIO" doutras mulleres destacadas e un "Panel de xogo" para os escornabots.
Esperamos que vos guste o seguinte video.
E as fotos tamén
Hoxe, 16 de decembro, o alumnado de 1º, 2º e 5º de Primaria visitaron a basílica de San Martiño. Alí estaba Silvia que lles fixo unha visita guiada moi axeitada, facendo referencia a cuestións históricas, arquitectónicas, de pintura....
Tamén visitaron a fonte de A Zapata, a carón da basílica. Aquí foi a mestra Lourdes a que os ilustrou sobre a súa lenda.
Esta viaxe para coñecer un pouco máis a nosa contorna foi por xentileza da ANPA.
E un anaquiño da súa Historia: A basílica de San Martiño
O martes 13 de decembro tivemos a visita da "Apalpadora" Antía e do seu compañeiro André.
Contáronnos moitas historias interesantes, ensináronnos a coidar a natureza, saíron nenos e nenas ao escenario para facelos máis partícipes deses contos. Todo acompañado por cantigas moi interesantes.
Gozamos desta sesión por xentileza da ANPA.
Continuando co programa de IGUALDADE da ANPA o alumnado de 5º de Primaria readaptou uns contos clásicos e foron contarllos aos nenos e nenas da Escola de Educación Infantil de Foz, A Galiña Azul.
Todos os nenos quedaron encantadísimos.
O día 20 de novembro celebrouse o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA e o alumnado de 6º de Infantil fixo este mural tan chulo.
Canto traballastes!!!!!!!
Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, elaboramos un mural no que participou todo o alumnado do cole decorando cadansúa bolboreta, baixo o eslogán "Diferentes no seu voo pero co mesmo dereito a voar". Seguidamente o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron polas aulas contarlles uns contos aos nenos e proxectarlles unhas curtas relacionadas coa Discapacidade.
Finalmente Marisol Bravos, mestra xubilada e persoa con discapacidade, veu dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º.
Unhas exalumnas e unha nai de Alfoz, colexio onde ela exerceu varios anos, enviáronlle dous videos de agradecemento pola súa amabilidade, atención, cariño, dedicación, bo facer...
Marisol publicou no seu Facebook o agradecemento ao cole polo emotivo día. Grazas, Marisol!
Quedamos encantados.
VIDEO: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE