11/10/2019

ESCORNABOTS NA BIBLIO

Como xa sabedes… este ano entramos a formar parte do Proxecto "Biblioteca Creativa" dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.

O pasado 25 de outubro, dúas mestras do Equipo de Biblioteca, acudiron a Santiago de Compostela, para recibir a primeira sesión de formación para os programas de "Biblioteca Creativa" e "Radio na biblio". E non viñemos coas mans baleiras…. trouxemos a dotación para os centros de incorporación no programa composto por catro escornabots e os materiais necesarios para a súa montaxe.

Esta semana... puxémonos mans á obra, é... co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria montamos a placa base dos escornabots. Aprendemos a soldar con estaño e como temos que colocar as resistencias, botoeiras…. para que funcione correctamente. A vindeira semana, remataremos a súa montaxe.










11/05/2019

9º PROGRAMA DE "CHICHARRIÑOS NAS ONDAS"

Aquí está o noveno programa da nosa Radio Escolar: "Chicharriños nas ondas". Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de realizar a investigación e a elaboración dun programa adicado ao magosto.
Esperamos que disfrutedes moito coa escoita!

9º PROGRAMA DA RADIO ESCOLAR "CHICHARRIÑOS NAS ONDAS": O MAGOSTO.

11/04/2019

CONTACONTOS "VIVAN AS UÑAS DE CORES"

O pasado luns 28 de outubro, Nelo Polichi víu ao noso centro para contarlle ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil o conto "Vivan as uñas de cores".

Damos as grazas á ANPA do CEIP Plurilingüe de Foz número 1, que no mes de xuño promoveu esta actividade, financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade.











TERRORÍFICO SAMAÍN NO CENTRO...

O pasado mércores 30 de outubro realizamos diferentes actividades para animar aos nosos rapaces a disfrutar dun aterrador Samaín...

Comezamos a mañá con lecturas ambientadas polas aulas de Educación Infantil, realizadas polo alumnado de sexto de primaria.

Na aula de primeiro de Primaria, prepararon e degustaron un aperitivo moi misterioso... e en quinto fixeron un obradoiro de medo con historias espantosas!!

Despois do recreo, todo o alumnado de Educación Primaria, acudíu á biblioteca, onde creamos unha atmósfera misteriosa... vimos o corto de OQO da "Bruxa regañadentes" e a continuación disfrutamos da dramatización dos contos que preparou o alumnado de sexto de Primaria.















EXPOSICIÓN DE SAMAÍN

Que bonito estivo o centro coa exposición de cabazas e vasorias, decoradas especialmente para o Samaín!!!

Dende o Centro damos as grazas ás familias por implicarse e colaborar con nós; así disfrutamos dunhas terroríficas cabazas realizadas polo alumnado de Educación Infantil e dunhas espectaculares vasoiras que trouxo o alumnado de Educación Primaria.

Esta exposición foi complementada por una selección de fondos bibliográficos que animaron aos nosos rapaces a viaxar por historias espeluznantes....!!!












10/31/2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro conmemoramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Aproveitamos a ocasión para inaugurar a biblioteca que por mor das obras, tivo que permanecer pechada para poder colocala axeitadamente.

Todo o alumnado pasou pola biblioteca en tres sesión:

- 5º e 6º de Primaria, recibiron unha pequena formación de usuarios, entregámoslles as mochilas viaxeiras, cubriron a ficha para participar na selección de "Axudantes de Biblioteca" e "Colaboradores de Radio na biblio". Para rematar escoitaron o conto "O crebacabezas".

- 3º e 4º de Primaria, presentóuselles a nova biblioteca, repartimos as mochilas viaxeiras e escoitaron o mesmo conto anterior.

- Infantil, 1º e 2º de Primaria, presentóuselles a nova biblioteca, repartimos as bolsiñas de infantil e as mochilas viaxeiras e escoitaron o conto "Ramón e Ramona".

Aí vai unha selección de fotos do día:






10/30/2019

8º PROGRAMA DE "CHICHARRIÑOS NAS ONDAS"

Ola a todos, arrancamos a nosa programación anual da Biblioteca cun novo programa de Radio Escolar. Nesta ocasión o tema investigado é "O Samaín".
Esperamos que se escoite ben e que o disfrutedes!

En breves, irémosvos facendo partícipes das actividades que ímos realizando no centro.


PROGRAMA Nº 8 DE "CHICHARRIÑOS NAS ONDAS": "SAMAÍN"